Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 30/01/24
    Novos anuncios dos partidos políticos de cara as eleccións de febreiro. Rueda promete agora que financiará as actividades extraescolares, Ana Pontón propón impulsar a producción local e Besteiro reforzar o peso da industria. Nada máis comezar a campaña xa van volver a Galicia Núñez Feijóo e Pedro Sánchez.Alcoa: encéndense as dúas primeiras cubas, pero non é garantía de que o proceso de reactivación se faga conforme ó pactado entre a empresa e os traballadores.E, en Ourense, os dous policías, xemelgos, acusados de matar a un compañeiro na comisaría quedan libres por falta de probas
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 29/01/24
    Boa tarde, a catro días da apertura da campaña electoral, os partidos perfilas os seus argumentos. Os pupoulares apuntaron hoxe a que confrontarán directamente con Pedro Sánchez por bloquear importantes asuntos galegos.Os nacionalistas salientan a importancia de dotar ó rural de servizos e os socialistas apostan por reforza-lo sector industrial e a aposta polas renovables dende o control público.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 29/01/24
    A catro días da apertura da campaña electoral, os partidos van afiando os seus argumentos... O presidente do PP e aspirante a renova-lo goberno galego tralas eleccións do 18 de Febreiro apuntou hoxe que confrontará directamente con Pedro Sánchez, do que di que quere converte-la Xunta nunha sucursal do seu goberno na que os nacionalistas xoguen un papel desestabilizador coma o dos cataláns.Disparaba Rueda en Madrid contra os seus rivais mentres os nacionalistas analizaban a situación da muller no medio rural, e as súas necesidades. E os socialistas apostaban por reforza-lo sector industrial e reformula-la aposta polas renovables dende o control público.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 29/01/24
    Dúas semanas despois do ultimátum, hoxe, ás nove e media, reúnese o Consorcio das Mariñas co concello da Coruña. Os municipios da área metropolitana insisten en que o acordo sobre a xestión do lixo de Nostián xa non pode agardar máis.E precisamente en relación co servizo de limpeza, arestora, manifestación dos traballadores da concesionaria Jardincelas nos concellos de Cambre e Culleredo.- A directiva das Carrilanas de Esteiro anuncia a súa dimisión. Toma a decisión ante a negativa da concelleira de Cultura de desvincularse da organización do Gran Prix.  - Os propietarios das vivendas de uso turístico vanse concentrar esta tarde diante do Pazo de Raxoi, en Santiago. Hoxe hai pleno do concello.- Arredor de 300 veciños concentráronse este domingo en Mera para solicitar a ampliación dos servizos do consultorio da Casa do Mar
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.