Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 26/01/24
    Nin os colectivos ecoloxistas nin tódolos concellos afectados comparten a decisión da Xunta de rebaixar o nivel de alerta pola crise dos microplásticos. Non o ven claro e advirten de que pode ser precipitado.- A Xunta habilitará un aparcadoiro provisional pro hospital Clínico unha vez comecen as obras do novo Centro de Protonterapia de Santiago.- O goberno municipal da Coruña aproba a proposta de regularización do polígono de Pocomaco, máis de 50 anos despois da súa construción.- Ferrol lembra o 25 aniversario da morte de Gonzalo Torrente Ballester. Os actos comezan mañá cunha ofrenda floral
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/01/24
    A unha semana do comezo da campña electoral o CIS fixo pública a sondaxe preelectoral das galegas. Sinala que o PP pode perder o colchón de 5 escanos que obtivo con FEijóo en 2020 e a maioría absoluta. Alfonso Rueda sinala que non agardaba outra cousa do CIS.Hoxe reúnese a comisión de seguemento de Alcoa. Veremos se a multincional da mais datos sobre a súa intención de aprazar a reactivación da actividade pactada no seu día cos traballadores.Dúas persoas perderon a vida en accidente de tráfico este xoves. Unha muller de 42 anos veciña de Brión, perdeu a vida no concello coruñés de Tordoira; e, un motorista de 53 faleceu tras un choque en Vigo
    16 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 25/01/24
    A unha semana do comezo da campaña electoral, o CIS fixo pública a enquisa de intención de voto pras eleccións galegas. Deixa aberta a posibilidade de que o PP perda a maioría absoluta: Alfonso Rueda, candidato á reelección sinala que non agardaba outra cousa distinta do CIS.E continúa aberto o debate sobre o financiamento autonómico. Hoxe a viceprsidenta primeira do goberno sinalou que pretende abrir unha negociación coas comuidades pra asumir parte da débeda que arrastra desde a crise de 2008O tempo segue primaveral. Ata as oito resumimos as noticias deste xoves en Galicia.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 25/01/24
    Máis de 400 persoas participarán en Santiago no simposio internacional sobre biopsia líquida. A partir de mañá exporanse os últimos avances sobre esta técnica que permitirá detectar de forma precoz ata 20 tipos de cancro. Malestar pola intención da Xunta de baixar ó nivel 1 a alerta polos microplásticos. ADEGA cre que a decisión roza a ilegalidade. E concellos e biólogos advirten de que pode ser precipitado. Os brigadistas volven reclamar máis estabilidade laboral. Esta mañá concentráronse diante da sede da Consellería de Medio Rural en Santiago, convocados pola CIG. Demandan traballar todo o ano. Os sindicatos denuncian unha campaña de calumnias do concello de Vigo contra os empregados de Vitrasa. Avisan de que se empresa e concello non reaccionan rápido, o conflicto estenderase a outros ámbitos. No tempo, seguimos con sol e temperaturas altas pra época.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.