Os veciños das Pontes volven tomar as rúas ante o silencio das adminitracións. Esixen reindustrialización e emprego.E tamén na industria, hoxe o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, estará en Ferrol visitando Navantia. -Hoxe concéntrase o persoal da sanidade privada da provincia da Coruña. Reivindican un convenio digno que recolla mellores condicións salariais e laborais.-A Deputación da Coruña liquidará este ano a Audasa o cento por cento do imposto de bens inmobles dos 18 concellos de provincia polos que discorre a AP-9, tal e como solicitaban os municipios -O concello de Santiago remite á Xunta o informe de mobilidade e integración urbana do CHUS: máis autobuses e máis prazas de aparcadoiro