Este tiña que ser o trimestre clave par poñer de novo en marcha a producción e aluminio na fábrica de San Cibrao, pero a multinacional Alcoa verte unha xerra de auga fría sobre as esperanzas dos traballadores... Quere aprazar, sen data, o reinicio da actividade. Citou ó comité a unha reunión que terá lugar este mércores. E, sobre a campaña, a xunta electoral rechaza a presentación da candidatura de Izquierda por Almería pola circunscripción de Lugo. Foi clave na decisión o feito de que os integrantes da lista non figuren no censo nin estean censados en ningún concello.Deportes. O Celta buscará hoxe o pase ás semifinais de Copa. Despois de catro temporadas volve xogar como local: recibe en Balaídos a partido unico á Real Sociedade. os donostierras gañaronlle o sábado en Liga.O tempo...Hoxe a maior nubosidade corresponderá a metade oeste. Destacan as temperaturas máximas: este martes podemos alzanzar os 18 ou 19 graos