As primeiras chuvias torrenciais do ano volven anegar a rotonda do Viveiro, no barrio de Fontiñas en Santiago. Ademáis, a borrasca Irene deixa varias incidencias por caídas de árbores.-A aseguradora da navieira do Toconao continúa selando acordos con concellos da provincia afectados pola vertedura de granulados plásticos. A Muros e Ribeira, súmanse Fisterra, Cee, Corcubión ou Porto do Son-Os mariscadores da ría do Burgo non poderán volver a faenar ata o ano 2026. É a estimación que fan xa que as obras de recuperación da ría non rematan ata finais de abril- A empresa Resonac, ubicada na antiga Alcoa da Grela, xa está a contratar aos seus traballadores. Unha subrogación que leva tempo reclamando o comité de Alú Ibérica, antes de Alcoa