Faltan mans nos concellos máis afectados pra recolle-los granulados que seguen a chegar ás praias. Hoxe en Ribeira activaron novos equipos, acordados directamente coa aseguradora da empresa armadora. Seguen a senda marcada por Muros, ante a falta de apoios e coordenación, din, das outras administracións. O delegado do goberno di que ten efectivos preparados pra despregar na limpeza desde as praias, onde os consideran máis efectivos. Só esperan a coordenación da Xunta.