Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Pontevedra 8:45 - 16/01/24
    Os concellos de Arousa están preocupados pola falta de coordinación en relación coa recollida de gránulos de plástico procedentes da vertedura do contedor que caeu o mar en decembro pasado. Así o expresaron ó candidato socialista á presidencia da Xunta. Queren que se constitúa unha comisión de coordinación.Con Óscar González, Aitana Vidal e Pablo Lago.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/01/24
    Detido un home en Guntín como presunto autor da morte do seu pai, a quen supostamente disparou esta tarde na vivenda na que residía a familia neste concello lucense. É a última nova dun día que nos deixa a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente ante a Deputación Permanente do Parlamento galego para dar explicación sobre a chegada de plásticos a Galicia. Rexeita a comparación coa traxedia do Prestige; mentres, na oposición, esixen dimisións ou ceses no goberno galego. En Vigo, continúa a folga de Vitrasa. Os traballadores rexeitaron o preacordo alcanzado polos sindicatos coa empresa
    9 min
  • Crónica de Galicia - 12/01/24
    En marcha no pazo do hórreo a comparecencia da conselleira de medio ambiente, Ángeles Vázquez na deputación permanente... Un debate ó que chegaba unha vez máis coa petición de que se actúe dende o mar pra evita-la chegada de material ás costas. O goberno do estado, di, non pode ser un mero espectador do que está a suceder. Anuncia un comite de expertos pra vixilar os efectos, protxer ecosistemas e reclamar posibles futuros danos. A Xunta que hoxe activa o reforzo do persoal destinado á limpeza en 50 praias galegas... Son 300 os operarios desprazados, á expectativa dunha posible chegada de máis material ás nosas costas polas correntes mariñas
    45 min
  • Informativo A Coruña 13:55 - 12/01/24
    Na crise dos granulados de plástico, os concellos foron determinantes pra actuar con rapidez na sua recollida- Neste sentido, o concello de Muros, unha das zonas máis afectadas, foi un paso máis aló e decidiu contactar coa aseguradora da navieira do Toconao. Practicamente tódolos arenais de Muros están cheos destas bolas de plástico. Por iso, á espera de recibir axuda da Xunta, decidiu actuar e contactar coa aseguradora do buque. A empresa, en colaboración co concello, xa contratou a 50 mariscadores
    5 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.