Xa coñecemos as listas completas das candidaturas ás eleccións autonómicas pola provincia da Coruña. Á cabeza Diego Calvo, Ana Pontón e Patricia Iglesias polo PP, BNG e PSOE respectivamente. -Hoxe toma posesión o novo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. O acto, ao que asistirá o presidente da Xunta, terá lugar ás doce e media no paraninfo da UDC-O avión Rosalía de Castro de Salvamento Marítimo que sobrevoou este luns a costa coruñesa non localizou ningunha saca. Mentres, os concellos da provincia intensifican a limpeza dos areais. - Logo de décadas agardando por un recoñecemento, xa hai data definitiva en Ferrolterra para a inauguración do Monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo na comarca. Será o 24 de febreiro