Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 18/01/24
    Nun mes celébranse ás eleccións autonómicas, pero os partidos xa pisan o acelerarado co debate centrado na xestión que realiza a Xunta sobre a crise dos granulados plásticos e agora nos debates con críticas da oposición a Alfonso Rueda por propoñer só un a catro na CRTVG.E hoxe un nome propio o de Paula Alvarellos que pola tarde será elexida nova alcaldesa de Lugoen lugar de Lara Méndez que figura como candidata ó parlamento galego.Deportes. O Celta pasa a curtos de final de copa tras gañar 1-3 ó Valencia en Mestalla. A mala nova, o Breogán que quedou perdeu en Turquía e queda fóra da competición europea
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 17/01/24
    2.800 quilos de granulados retirados, así coma 6 mil quilos doutros plásticos presentes nas praias. Son os últimos datos ofrecidos pola Xunta, que pide ó goberno central que aclare se vai reclamar ó buque que perdeu a carga os custos dos operativos postos en marcha.Todo en medio da preparación dos debates electorais. Os populares só queren debatir na CRTVG, algo que a oposición reproba. Ana Pontón pide un cara a cara con Alfonso Rueda.A tarde deixa unha nova oportunidade perdida en Vitrasa para solucionar o conflito do autobús urbano vigués, mentres continúan as manifestacións do persoal polas rúas da cidade: van máis de 30 marchas desde o comezo do conflito.E hoxe, día de moito vento e temporal costeiro, en Cambados voaron varios tellados nas últimas horas; as navieiras entre Vigo e Cantas tiveron que interromper a súa actividade.
    10 min
  • Crónica de Galicia 17/01/24
    A conselleira de Medio Ambiente vaise dirixir ó goberno central pra lee pedir información sobre as súas xestións ante a navieira do Toconao. Ante a falta de información, di Ángeles Vázquez, pola súa banda, queren saber se se están dando pasos pra lle reclamar indemnizacións. Mentres, a oposición pide transparencia. Dende o BNG queren que se fagan públicos os contratos que se están a realizar pra limpeza dos arenais, ante a información que apuntan a un contrato cunha empresa de marketing vencellada os populares. Os socialistas demandan un debate exclusivo sobre a crise dos plásticos... e a secretaria xeral dos populares acusa á oposición de difundir bulos e imaxes falsas sobre a crise.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 17/01/24
    Ricardo Cao reclama un novo financiamento universitario na súa toma de posesión como reitor da Universidade da Coruña.O catedrático de Matemáticas xurou o seu cargo solemne presidido polo presidente da Xunta.-A antiga caldeira de Meirama, Cerceda, xa é historia. Seis segundos foron suficientes para acabar co que quedaba dunha instalación posta en marcha hai 43 anos. -A aseguradora da navieira do Toconao amplía a Ribeira, Cee e O Son os contratos para limpar as praias pola presenza de granulados plásticos- O concello de Cariño quéixase da falta dun médico desde finais de outubro, cando unha facultativa que ocupaba unha das tres plazas de xeito provisional, solicitou o cambio de centro
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.