Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 22/01/24
    Milleiros de persoas manifestáronse este domingo en Santiago e defensa do sector pesqueiro e para protestar pola xestión da crise dos microplásticos. UNha crise que afecta de xeito especial á ría de Muros-Noia. Primeira semana na Coruña coa concesión da limpeza anulada pola xustiza. O alto tribunal galego anulou o contrato do servizo por incumprimento do prego por parte da concesionaria Cespa en 2020A semana comeza tamén coa suspensión parcial da folga indefinida dos traballadores de Jardincelas, empresa encargada da limpeza en Cambre e Culleredo.En Santiago, voluntarios do refuxio de animais de Bando denuncian deficiencias que afectan gravemente ós cans e gatos que acolle esta protectora. O concello anuncia un investimento de 40.000 euros para estas instalacións.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/01/24
    "unha vez máis" Foi un dos lemas que se poido ler nos carteis que este domingo portaban moitos manifestantes que se deron cita en Santigo. Denunciaban que se volveron repetir os mesmos erros de hai dúas décadas.Marcha que cadrou coas citas políticas que celebraron PP e PSOE en Ourense e A Coruña, coa presencia dos líderes nacionais para arroupar ós seus candidatos á Xunta. E é que en menos dun mes celébranse as eleccións autonómicas.Deportes. Unha fin de semana que nos deixa as derrotas do Celta e do Racing. Na primeir federación, perderon Lugo e Celta Fortuna; triunfos de Deportivo e Arenteiro
    15 min
  • Crónica de Galicia - 21/01/24
    En defensa do mar, do medio ambiente, das praias limpas, das mariscadoras que saen a faenar na auga fría cada día, dos pescadores e os seus barcos, de todo o sector que en Galicia representa case o 5 por cento do produto interior bruto.Milleiros de persoas nás rúas de Compostela pra pedir outra xestión da vertedura de plásticos e dos problemas da nosa xente do mar. Fixérono acompañados dalgúns líderes políticos, principalmente os candidatos a liderar o goberno galego.Contamos tamén hoxe en Galicia con Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. Presidente do Goberno e líder da oposición reuniron ós seus en actos na Coruña e Ourense.Ademais, houbo outras protestas cidadás: na Mariña piden pediatras; os abogados de oficio salarios propios do 2024.E no tempo de entrevista, recibiremos á candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 20/01/24
    Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijóo, Yolanda Díaz. Os protagonistas da política estatal danse cita esta fin de semana en Galicia. A primeira hoxe a líder de Sumar. Visitas moi marcadas pola proximidade das eleccións galegas. De contado escoitamos ós candidatos.Nunha fin de semana na que continúa o protagonismo para eses granulados plásticos presentes nas costas, hoxe varias xornadas de limpeza organizadas por voluntarios antes da gran manifestación convocada para mañá en Compostela.E hai novidades xudiciais no contrato de concesión de limpeza urbana na Coruña. Queda anulado.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/01/24
    A plana maior socialista presente na Coruña, xa comezou a convención do PSOE en Palexco. Arestora, intervén o expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero. Unha convención coa vista moi posta nas eleccións galegas: moitas referencias ó candidato Gómez Besteiro durante a inauguración.Todo nuns días con preocupación no sector pesqueiro: están a detectar unha baixada na compra de produtos do mar, non a atribúen só á vertedura de plásticos, pero os profesionais consideran que si está a afectar. E reiteran a calidade, o bo estado de peixe e marisco.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 19/01/24
    Esta mañá celebrou a súa primeira reunión no INtecmar de Vilagarcía de Arousa o comité científico que vai asesorar á Xunta na crise dos granulados plásticos... Está formado por 16 investigadores e biólogos que farán seguemento ós efectos dos plásticos a curto, medio e longo prazo... E ofrecerán solucións ou asesoramento tanto a Galicia coma a outras comunidades autónomas sobre eles e outros plásticos que chegan a cotío.  Mentres, os colectivos ecoloxistas e en defensa do mar quentan motores pra manifestación do domingo, que o presidente da Xunta e a conselleira consideran cláramente política e electoralista... Eles lamentan que tivera que ser a sociedade civil a que actuara, unha vez máis, ante un desastre deste tipo. E reclaman á Xunta e o Goberno central coordenación e transparencia sobre os riscos destes materiais.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.