En Verín, búscase desde onte a un home de 59 anos desaparecido na contorna do Río Támega. Protección Civil e Garda Civil participan no dispositivo.
O sector téxtil de Ourense sae a rúa para mostrar o seu rexeitamento contra o pre acordo asinado pola patronal ARTE e os sindicatos Comisións Obreiras e FETICO. En xogo, están dereitos como a antiguidade ou o traballo de domingos e festivos voluntarios.
O BNG pide explicacións á Xunta sobre o sistema de comarcalización dos servizos da Sección de Violencia contra a muller no Tribunal de Instancia de Ourense. Esta sección atende hoxe a sete partidos xudiciais que abarcan ata 245,000 persoas.
E tamén en Ourense, o pleno municipal acordou o venres reservar un espazo no cemiterio de Santa Mariña para o soterramento de persoas de relixión musulmá. A comunidade da a benvida a este decisión por razóns persoais, pero tamén económicas.
O Festival Arteficial busca fondos para celebrar o seu vinte aniversario... dúas décadas de activismo cultural desde Ribadavia, que están agora pendentes dun fío pola carestía da vida que afecta sobre todo aos pequenos festivais gratuitos coma este. Falamos con Guillermo Conde de todo o que están a preparar dende o festival, no tempo da entrevista.
Escuchar audio