A veciñanza da Agra do Orzán mostra o seu descontento co pacto entre PSOE e BNG para a urbanización do Parque. Todo malia que medran as zonas verdes en relación ao plan inicial, se reduce o espazo para edificar e se contempla a construción dun aparcamento subterráneo.
- Os convenios para captar novas rutas aéreas poderían asinarse este ano, segundo Turismo lle traslada ao Concello de Santiago.
- O SERGAS conta con licitar este verán o centro de saúde da Ramallosa.
- Deportes. O Obradoiro ten nas súas mans o ascenso directo á ACB. Se gaña esta noite no Fontes do Sar contra o Guipuskoa sobe á máxima categoría. Se perde, ascende o Basket Coruña.
Temos o ceo algo cuberto, con 13 graos na Coruña e 11 en Ferrol.
No tráfico, arestora... na Coruña vai lento por Alfonso Molina e Linares Rivas. No resto da cidade é fluído.
En Ferrol, non hai retencións en ningún punto da cidade, nin incidencias rexistradas
Escuchar audio