Mañá chuviosa de martes en case toda Galicia. Hoxe coñecemos eses datos de emprego do mes de abril, que reflicten boas novas: baixada do paro.
Todo nunha mañá na que xa coñecemos as novas bandeiras azuis nas nosas praias, Sanxenxo encabeza a listaxe nacional. A nosa comunidade é a terceira na clasificación con máis distincións pola calidade dos areais.
E vaise achegando a semana das Letras Galegas, hoxe en Compostela quedou inaugurada a mostra 'As voces de Begoña Caamaño', no colexio de Fonseca; ademais en Vigo presentouse a nova edición do Concerto das Letras que terá a Uxía Senlle como protagonista, amiga íntima de Caamaño. Será o sábado 16.
A partir das dúas e dez todos os detalles que nos deixa a actualidade do día, antes nos vindeiros minutos achégamos a Vigo para falar de prevención dunha enfermidade causante de alta mortaldade en Galicia
Escuchar audio