O Partido Popular farase hoxe coa alcaldía de Lugo en mans do PSOE desde 1999. Será a través dunha moción de censura. Elena Candia será elexida alcaldesa grazas ó voto da exdil socialista, María Reigosa.
O pleno está fixado para o mediodía. Antes hai prevista unha concentración de protesta diante co conccello.
En Ourense a fiscalía confirma que apoia o xuizo ó alcalde Pérez Jácome por un presunto delicto de prevaricación.
E, a universidade de Vigo tamén terá á súa fronte unha muller, aínda que o nome non o coñeceremos ata o día 15.
Deportes. O liceo caeu no primeiro partido da final a oito da Copa de Europa que se disputa en Coimbra.
O tempo. Este xoves os ceos estarán moi abertos, pero á tarde medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos treboestos
Escuchar audio