Comeza maio, día do traballador que en Galicia terá a manifestación principal da CIG en Lugo, unha novidade derivada da situación política na cidade. Pola súa banda, Comisións Obreiras e UGT realizarán marchas conxuntas, a principal na Coruña.
Venres no que as novas das últimas horas pasan polo sanitario. O Sergas xa identificou máis dun centenar de contactos estreitos da menor falecida en Ourense por meninxite.
Todo nunha xornada na que entra en vigor o polémico acordo de libre comercio da Unión e Mercosur; en Galicia, o sector da carne e o leite insisten nas malas novas que supón este acordo tralos peches de granxas nos últimos anos.
Nos deportes, partido esta tarde en Riazor entre o Deportivo e o Leganés.
Escuchar audio