O Sergas move ficha e trata de pechar cos sindicatos médicos as súas reinvidicacións en materia de xornada, gardas ou urxencias hospitalarias. Hoxe reúnese con Omega, mañá farao con Simega, e pide ó Ministerio que faga o propio e poña fin a esta xeira de folgas que están a provocar, cada día, a suspensión de máis de 200 cirurxías e máis de 5 mil consultas hospitalarias.
Comisións Obreiras estima que faltan doce mil prazas de residencia para maiores e dependentes, e demandan investimento na dependencia para garantir unha atención profesional e áxil.
16000 persoas aspiran ás 1600 prazas convocadas nas oposicións do ensino, que comezarán o 20 de xuño e se despregarán por 15 municipios.
As treboadas dos últimos días deixan máis de 300 veciños de O Barco sen auga da billa, e cortan unha estrada en Quiroga, nas zonas afectadas polos lumes do verán.
No tempo, nova xornada de treboadas, precaución hoxe nas rías baixas de Pontevedra, onde hai alerta laranxa por chuvias que poden sumar ata 30 litros por metro cadrado.
Escuchar audio