Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 20/09/23
    En Santiago arredor dun cento de estudantes concentraronse esta tarde ás portas da facultade de economicas pra denunciar á volta á clase do profesor da USC, Luciano Mendez. Docente que lembramos foi suspendido pola universidade tres anos por proferir comentarios machistas a unha alumna.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 20/09/23
    Seguen sen actividade as dúas louseiras ourensáns precintadas en cumprimento dunha orde xudicial. Representantes dos traballadores reuníronse cos comuneiros que reclaman unha compensación polo uso dos terros. Os alcalde de sete concellos polos que pasa a nacional 541 reúnesen pra volver pedir a súa reforma integral. Hoxe volveron reunirse no concello de Cerdedo-Cotobade. Aseguran que é a segunda estrada máis perigosa o Estado. Delegados de persoal de catro auxiliares de Navantia impediron a primeira hora o acceso dos traballadores ó estaleiro. Os sidincatos denuncian que as auxiliares conseguen deteriorando as condicións laborais dos empregados. Ana Pontón sinala que o BNG se oporá a que o Goberno relegue o galego pra incluir o catalán nas institucións europeas. O presidente Alfonso Rueda asegura que é en Bruxelas onde o seu uso está xustificado porque non hai unha lingua común, pero non no Congreso. O tempo. prevese un empioramento pra este tare con vento e chuvia forte.
    46 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/09/23
    Este martes poidemos oir, e sen restriccións, falar en galego no Congreso. O primeiro en facelo foi o socilista Gómez Besteiro. O pleno aprobou, coa oposición de PP e Vox, iniciar a tramitación do cambio no regulamento pra permitir o uso de linguas cooficiais. precisamente o nacionalista Néstor Rego recriminoulle a Feijóo a posición dos conservadores.
    Recollemos tamén a preocupación en Valdeorras pola orde de clausura de dúas louseiras. 250 traballadores están afectados pola medida.
    E, na unidade de queimados do hospital da Coruña morreu un dos dous feridos nun incendio orixinado pola explosión dunha rozadora, en Carnota. A muller continúa en estado moi grave. O tempo.
    Achégase unha fronte moi activa que tocará terra a media tarde. Hai aviso amarelo por refachos fortes de venta e chuvias tamén localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/09/23
    O uso do galego no congreso xa é unha realidade. Hoxe pronuncianbanse as primeiras palabras na nosa lingua sen que iso supuxera unha chamada de atención á orde pola presidenta da cámara pero iso sí, houbo a quen a medida non lle gustou. Neste sentido, PP e Vox rexeitan a iniciativa.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.