Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 18/09/23
    O BNG denuncia a discrminación das Pontes por parte do Goberno e acusa ós socialistas de ser cómplices. O ministerio de Transición Ecolóxica anunciou novos concursos de transición xusta en comarcas vinculadas a centrais térmicas, pero non nas Pontes. A Xunta anuncia un bono deporte para os menores que practiquen deporte a nivel federado. Recibirán 120 euros ó ano pra a adquisición de equipamento e material. Incluirá a medida nos orzamentos de 2024. Secretarios, interventores e tesoureiros mostran o seu malestar co alcalde de Ourense. Jacome chegou a calificar de neglixente o labor do interventor municipal e á de ralentizar o traballo no concello. Hoxe volveron á clase os alumnos de cuarto e quinto do colexio de Rábade ós que educación xuntou nunha soa aula. A xunta non atendeu as súas demandas, pero volven porque a Xunta podía aplicarlles o protocolo de absentismo escolar. O tempo. Pola tarde os chuvascos xa van ser moi ocasinais.
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 18/09/23
    Comeza a folga na compañía de chamadas Teleperformance da Coruña, por un ERE que afecta a 38 traballadores na cidade e a centos en todo o estado - A CIG critica que o Ministerio pra Transición Ecolóxica promova novos concursos de evacuación de transición xusta, sen contar con Meirama e as Pontes - Gandeiros de Mazaricos quéixanse da exclusión do municipio do plan cinexético contra o xabarín -Comeza a Semana da Mobilidade, na Coruña, cunha vintena de actividades divulgativas, e e Carballo, cun proxecto piloto de autobús urbano
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/09/23
    Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo trasladaron este domingo a Santiago o seu debate sobre o pleno de investidura do expresidente galego previsto para a vindeira semana. Unha sesión que Sánchez cualificou de perda de tempo. Un debate entre os dous principais partidos que o BNG teme supoña unha perda de peso de peso de Galicia fronte Cataluña e Euskadi.
    e, a partir deste luns estamos pendentes dunha cita en Vigo: o cumio de Nafo que debe establecer os topes de capturas para o vindeiro ano.
    Novo falecemento nunha praia. Ocorreu na praia de Coto, en Barreiros (na Mariña). Un practicantes de surf sacaron da auga a un home de 70 anos que puido sufrir unha indisposición. Os sanitarios xa non lograron facer nada por salvarlle a vida. E, un incendio afecta a unha parte do punto limpo do polígono de Caramuxo, en Vigo, no que non había ninguén traballando.
    O tempo.
    comezamos a semana con máis nubes que claros e chuvascos.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 17/09/23
    Domingo intensamente político hoxe en Galicia, coa presenza de Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. Celebraron actos masivos separados por só uns poucos quilómetros de distancia. Distancia física, porque nas ideas deixaron claro que están a anos luz. Hoxe, ademais, executiva do BNG en Santiago. A partir das dúas menos vinte imos falar coa portavoz nacional, Ana Pontón, no tempo da entrevista
    31 min
  • Crónica de Galicia - 16/09/23
    Pendentes a esta hora da reunión dos ministros de Finanzas da Unión Europea que hoxe remata en Santiago, no medio dun amplo dispositivo de seguridade. Atentos tamén ás primeiras batidas pra cazar xabarís, unha vez que xa está en vigor a situación de emerxencia cinexética decretada pola Xunta. Hoxe soubemos tamén, por certo, que o goberno galego rexistrará este luns no Parlamento a solicitude para celebrar o Debate sobre o Estado da Autonomía en outubro. E recollemos dous sucesos mortais. Un, no concello pontevedrés de Soutomaior, onde faleceu euun home no incendio dunha vivenda en Arcade. E outro un accidente de tráfico entre dous camións no límite entre as provincias de Lugo e León. Morreu o condutor dun tráiler
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.