Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 15/09/23
    Seguramente Santiago non será hoxe e mañá das mellores cidades para moverse. Delegacións de 60 países participan nunha reunión de ministros de Economía da Unión europa ampliada a latinoamérica e o caribe.
    Reunión económica de alto nivel pero non esquecemos os problemas máis concretos. Como os que afectan ós bombeiros dos parques comarcais e que semella que entran en vías de solución... alomenos está encarrilada a negociación.
    E saiban que en dez días comeza a vacinación contra a gripe e, de novo, a Covid. Como outros nos Sanidade empezará polas residencias de maiores. O tempo.
    Perdemos a influencia anticiclónica e pola tarde hai aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense por chuvascos tormentosos.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 14/09/23
    Saúdos, moi boa tarde. A nova campaña de vacinación da covid e da gripe arrancará en Galicia o luns 25, nas residencias. Ademáis, o concello de Santiago está a piques de recibir ás autoridades asistentes á reunión do Ecofin...unha cita na que xa non se manifestarán os bombeiros comarcais
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 14/09/23
    A Garda Civil intercepta preto de 20 mil kilos de uva foránea que se pretendía introducir en Valdeorras. A uva, que quedou inmobilizada, procedía de Medina del Campo. Os traballadores das empresas auxiliares de ENCE denuncian recortes e despedimentos. Lamentan que a pasteira non poña en marcha un plan de investimentos ante o precario estado de mantemento da factoría. Tras tres meses de mobilizacións, Xunta e Deputacións reúnense cos bombeiros dos paques comarcais. O encontro, que se celebra no Consello Galego de Relacións Laborais, trata e desbloquea-lo conflito que mantén en folga a uns 500 traballadores. Concentración de veciños de Catoira en Pontevedra para protestar contra á instalación dunha de pirotecnia Entregaron un milleiro de sinaturas na subdelegación do goberno para que rectifique tras dar luz ver ao proxecto. O tempo, ceo limpo, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución, e temperturas en ascenso.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 14/09/23
    Hoxe comeza na Coruña o xuízo pola morte dun traballador da refinaría en marzo de 2022. Este xoves comparecen representantes de Repsol. Tamén esta mañá protesta das organizacións veciñais de Compostela pola vía pra bicis e peóns entre O Milladoiro e San Caetano. Aseguran que destrúe patrimonio do bosque do Banquete de Conxo e das Brañas de Sar. A cooperativa Lenda Educativa concreta coa Xunta a posta en marcha dun centro de Educación Especial na Costa da Morte, tralo peche de ASPABER.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/09/23
    Non hai un censo aproximado de xabaríns...pero polo incremento de avisos por danos na agricultura ou accidentes de tráfico, é evidente que o número é moi alto. Por iso, a Xunta declara a emerxencia cinexética na maior parte do territorio... Inclúe ás sete grandes cidades. A excepcionaliade entra en vigor xa este sábado.
    En relación cos últimos alixos de droga: hoxe prestarán declaración os detidos... os tripulantes do pesqueiro apresado fronte á costa galega farano por vía telemática porque o caso lévao a Audiencia Nacional.
    E, unha xuiza de Santiago arquiva unha nova peza da Pokemon e faino tamén con críticas á instrucción da maxistrada Pilar de Lara que foi a que abriu a investigacion. O tempo.
    Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés... van subir as temperaturas máximas... a cambio as mínimas algo máis baixas.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.