Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 13/09/23
    Dobre acción contra o tráfico de droga en Galicia. Foi apresado un pesqueiro con dúas toneladas de cocaína e arrestados os catro tripulantes e operación, con ramificacións en Andalucía, practicáronse outras 13 detencións. Actuacións que demostran que o narcotráfico segue en pleno auxe.
    No Parlamento, hoxe sesión de control: o portavoz socialista preguntaralle ó presidente Alfonso Rueda polo inicio do curso escolar; o BNG, polas actuacións da Xunta para impulsar o autogoberno de Galicia.
    E, recolleremos unha nova queixa contra o funcionamento das residencias de maiores que xestiona Domusvi, neste caso en Monforte
    15 min
  • Crónica de Galicia - 12/09/23
    A ver se á cuarta vai a vencida. O Parlamento galego, por unanimidade, inicia de novo a tramitación dunha proposición de lei para pedir a transferencia da AP9 a Galicia. Como dicimos, houbo unanimidade pero non sen algunhas discrepancias. A líder da oposición acusa ós outros grupos da Cámara galega, PP e PSdeG, de ser cómplices a favor de Audasa, que xestiona a AP9. Pontón lembroulles que gobernos nacionais de ambas formacións apoiaron as ampliacións da concesión - Incautadas outras dúas toneladas de cocaínda. O barco coa drogafoi trasladado ó porto de Vigo e detidos os seus catro tripulantes. - O BNG rexeita reunirse có PP para falar da investidura de Núñez Feijoo. O deputado nacionalista Néstor Rego estima que a reunión ten un claro interés partidista porque a investidura está condenada ó fracaso. - Non rematou o verán e Vigo xa comezou a instalación dos adornos do nadal. A noria e as atraccións manteranse pero o alcalde non explica cal será a sua ubicación tralas queixas do veciños da Alameda polos ruidos. - Santiago convértese desde mañá e ata o domingo na capital da música alternativa e de vangarda. O "Wos Féstival" trae durante catro días preto de trinta concertos e espectáculos de arte sonora, a cargo de artistas procedentes de 15 países
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 12/09/23
    Normalidade no comezo do curso escolar. Unha xornada que no caso da nosa provincia estivo moi marcada pola visita da raíña Letizia ó colexio Camiño Inglés de Sigüeiro.
    Pero pasadas as emocións da primeira xornada, agora o foco volve poñerse nos servizos ó alumnado: o estado das aulas, o comedor ou o transporte. Os traballadores da central térmica das Pontes preparan mobilizacións. A decisión tomarase nunha asemblea o vindeiro día 20. O concello de Ferrol retomará a rehabilitación dos edificios da praza de España. É un dos principais acordos da xunta de goberno local. A Deputación achegará 375 mil euros pra rehablitar o antigo hospital de peregrinos de Pontedeume. Crearase dun novo albergue dentro do Camiño Inglés.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/09/23
    Protagonismo dun colexio de Oroso na inauguración dun curso escolar. Todo foron parabéns para este centro, pero hai outros nos que non faltaron as protestas. Sobre todo pola falta de profesores. Como en Rábade onde xuntaron nunha mesma aula ós alumnos de cuarto e quinto.. que como protesta no primeiro día non acudiron onte á clase.
    Tamén comeza o curso político no Parlamento: outra vez máis sométese a debate unha proposición de lei pra transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia
    Das estradas, o incendio dun coche no túnel de Folgoso na A-52 obrigou a pecha-lo case dúas horas, onte á tarde, o que provocou ringleiras de coches.
    O tempo. empeza a xornada con algús bancos de nueboa que darán paso a ceos
    parcialmente cubertos. Pola tarde plode producirse algún chuvasco. Máis probable na provincia de Lugo.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 11/09/23
    O inicio do curso escolar este luns estivo marcado pola visita da raíña Letizia ó CEIP Plurilingue Camiño Inglés en Oroso pero tamen polas protestas. Ás portas desa escola de Sigüeiro, a CIG aprobeitou pra denunciar a situación do profesorado dos centros públicos galegos
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.