Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 11/09/23
    Fin das vacacións e volta ás aulas para máis de 300 mil alumnos galegos. Con visita especial no caso dos do colexio Plurilingüe Camiño Inglés de Sigüeiro, no concello de Oroso. Alí está hoxe a Raiña Letizia. Percorre arestora as aulas dun centro premiado pola innovación, os esforzos educativos en dar unha ensinanza práctica e que non deixa de lado problemas do mundo actual como a defensa da ecoloxía. Antes desta visita houbo protesta da CIG en contra dos recortes en educación, para pedir melloras para docentes e alumnado. Para evitar situacións como a que viven nun colexio de Rábade onde, por falta de profesorado, os niveis de 4º e 5º de primaria teñen que compartir aula - Os partidos da oposición estiman que a capacidade de xestión do goberno da Xunta xa está esgotada. Consideran que a convocatoria de eleccións autonómicas non depende do interés xeral senón do que lle conveña ó Partido Popular. - O alcalde de Ourense critica que os partidos da oposición no concello non condenen a agresión do editor de La Región. Pérez Jácome atribúe este silencio ao "medo" ao grupo xornalístico e ó desprezo á súa figura como rexedor. - En Foz mantense a recomendación de non beber nin utilizar na cociña a auga da traída. Dende primeiros do mes de agosto o concello realiza controis da auga cada dous días pero os resultados aínda non son positivos. - Ecoloxistas en Acción denuncian á mineira de San Finx ante a Relatora Especial da ONU polo uso de denuncias abusivas e infundadas. A organización medioambientalista advirte que nin querelas nin outro tipo de ameazas farán cesar as súas denuncias.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 11/09/23
    A noticia hoxe é, sobre todo, unha, pero afecta a máis de 133 alumnos do ensino obrigatorio e bacharelato. Un curso que este ano empeza na provincia con tres centros educativos menos, en Laxe, Padrón e Vimianzo.
    Ademais, en Oroso, ás once e media, visita da raíña Letizia para compartir este regreso ás aulas.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/09/23
    Este luns está marcado no calendario das familias galegas....Toca madrugar a milleiros de estudantes: comeza o curso nas distintas etapas educativas... desde infantil á universidade. A raíña Letizia prticipará na apertura da actividade nun colexio de Oroso.
    Este domingo deixanos dous accidentes mortais en Cambre e Silleda e Baiona está controlado o incendio que calcinou boa parte das instalacións da empresa Viveiros de Sabarís. Non houbo danos persoais. O tempo.
    Mantense a inestabilidade aínda que a semana comeza en baixo influencia feble das altas presións .
    15 min
  • Crónica de Galicia - 10/09/23
    Bo día no que temos que falar dun problema no que Galicia está a cabeza... o suicidio. Temos as peores taxas, por enriba da media nas catro provincias con Lugo á cabeza. Dende Ourense é noticia a acusación do alcalde Gonzalo Pérez Jácome contra o editor do periódico La Región. Di que lle deu un puñetazo. Son algunhas das novas na xornada previa ao comezo de curso escolar no ensino obligatorio
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.