Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 09/09/23
    Impactante o mapa de MeteoGalicia cos rexistros dos lóstregos caídos nas treboadas da tarde e noite pasadas. Case seis mil. Un deles caeu no faro da Torre de Hércules, o máis antigo en funcionamento. Apagouno media hora pero o episodio quedou niso. E hai pouco máis dunha hora que volvemos estar en alerta por estes fenómenos
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 08/09/23
    Recollemos hoxe as reaccións á posibilidade de converter baixos comerciais en vivendas. Unha reforma aprobada pola Xunta e que de momento conta co visto bo de arquitectos e inmobiliarias. Polo demais, fin de semana previa ó inicio do curso escolar. Hoxe inaugurouse xa o ano universitario
    10 min
  • Crónica de Galicia - 08/09/2023
    Primeiras reaccións ó anuncio da xunta de modificar as normas de habitabilidade co fin de que miles de baixos baleiros pasen a ser vivendas. As sensacións son boas aínda que desde o sector inmobiliario cren que debería haber máis garantías para que os baixos se destinen a aluguer, que é o que escasea. E evitar así que pasan a usarse como segundas vivendas ou como residencias temporais para turistas especialmente en grandes cidades. Tampouco o ven mal os comerciantes. Pensan que é unha boa solución para as rúas menos transitadas, as que acumulan máis baixos sen actividade. Eles prefiren traballar nas zonas céntricas - Enfrontamento entre socialistas e PP na Deputación de Pontevedra. O actual Goberno acusa de despilfarro ó anterior executivo de coalición; o PSOE sinala que o actual presidente convertiu a institución nunha sucursal da Xunta. - Barbadás e Ourense únense pra demandar á Xunta un transporte metropolitano. Nos próximos días os rexedores solicitaran unha reuniion de traballo co goberno autonómico á que convidaran a asistir todos os alcaldes da comarca - Comisións Obreiras tamén se sumará ás mobilizacións no ensino se a conselleira non negocia a reducción da xornada pra o profesorado. A tres días do comezo do curso este sindicto critica que se eliminen 54 unidades e 72 postos de traballo nas etapas de infantil e primaria. - En Vigo, acto de apertura do curso universitario. O reitor Manuel Reigosa reivindicou a rendabilidade do investimento que se realiza na universidade... dixo que non hai que ve-lo como un gasto
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 08/09/23
    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o contrato de Cespa, a concesionaria de recollida de refugallos da Coruña na que se tería xestado a suposta trama corrupta do sindicato de limpeza STL. Sobre a posible aplicación dunha taxa turística en Santiago, o presidente da Xunta lembra que o sector turístico pide máis información e que a lei que regularía esta taxa non afectaría unicamente á capital de Galicia. Na Coruña, xa é obrigatorio limpar con auga os ouriños dos cans na vía pública. a ordenanza quedou aprobada onte no primeiro pleno da cidade. Preocupación en Valdoviño polo aspecto e cheiro do encoro de As Forcadas que abastece á comarca de Ferrolterra. os veciños da zona queixanse de que non poden facer uso do encoro pra actividades de ocio, xa que non é apto pro baño ou pra pesca.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.