Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 06/09/23
    Cando as familias xa están metidas na conta atrás pro inicio do novo curso escolar, continúa o baile de cifras sobre as ratios na aula entre a Consellería de Educación, as ANPAs e os sindicatos.Polémica ademais ó redor dos comedores escolares, nun día no que soubemos que Nueva Pescanova presenta un ERE para extinguir ó redor de cen contratos en Redondela e Madrid.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 06/09/23
    Sanidade presenta a sua estratexia para implicarse na loita contra o cambio climatico. Pretende reducir ata 2030 un 60 por cento as emisións de CO2. Unha tarefa na que pretende implicar tanto o persoal do Sergas como os pacientes. O BNG levará ao Parlamento a posta en marcha dun escudo social para protexer ós cidadáns ante a crise de prezos. Tras unha reunión da interparlamentaria nacionlista Ana Pontón fixouse como inmediatos retos lograr que Galicia non se baixe do tren das nacións e liderar o futuro goberno autonóico. Os traballadores do estaleiro Metalships levaron hoxe a súa protesta a Moaña. Concentráronse ante as instalacións do grupo Rodman. Levan unha semana de folga polo despedimento de 7 compañeiros. Avanza a renovación do corredor ferroviario entre Lugo e Ourense. Máis da metade do novo túnel do Oural xa está feito. Avanza a un ritmo de 45 metros por semana. O tempo. pola tarde haberá máis nubes pero non se agardan chuvias.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 06/09/23
    Ás portas do comezo escolar, A Federación de ANPAS de COmpostela e a concellería de Educación buscarán retomar a posta en marcha do Consello Escolar Municipal. Un órgano que non se convoca desde o ano 2011. - Santiago contará con nova depuradora en maio de 2026. O goberno licitou o contrato pras obras, logo de incluir o incremento dos prezos e os gastos non imprevistos. -O persoal de limpezas de Correos na provincia da Coruña comeza unha folga indefinida en protesta polos incumprimentos salariais e laborais da concesionaria. A partir das 11 concentraránse na sede de Correos en Santiago. -Santiago acollerá o ECAI, o congreso de intelixencia artificial máis importante de Europa. Será en outubro do ano que vén. -o BNG da Coruña levará mañá a pleno a feira do libro. Considera o goberno local non estivo á altura da cidade literaria
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/09/23
    En quince días empezará a vacinación dos bebés contra o virus sincitial. Será a partir do día 25. A data anunciouna o presidente da Xunta tras visitar unha escola de educación infantil en Vigo. Comezou a actividade nestes centros con queixas pola duplicidade de solicitudes entre centros públicos e privados. Todos son de balde, pero os requisitos non son iguais.
    Nas etapas educativas o curso empeza a vindiera semana e o sindicato ANPE agora un comezo conflictivo, sen descartar mobilizacións
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 05/09/23
    O novo curso, escolar e político, marca a actualidade destes días. No Parlamento, o primeiro pleno despois do verán terá lugar a vindeira semana. Segundo soubemos hoxe, un dos asuntos destacados será a transferencia a Galicia da autoestrada AP-9. Será a cuarta vez que se faga a petición dende a cámara galega. O último texto caducou no Congreso ó convocarse ás eleccións xerais de xullo. Debaterase tamén sobre o contrato do SERGAS con clínicas privadas pra derivarlles abortos.Nas escolas, de momento os que xa están de estrea son os nenos de 0 a 3 anos. Hoxe, primeiro día nun ano no que tódolos centros, públicos e privados, volven ser gratuítos.E xa hai data para comezar a vacinación contra o virus da bronquiolite, destinada ós nacidos dende abril. Será a partir do 25 de setembro.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.