Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 15/09/23
    A campaña de vacinación conxunta fronte a covid e a gripe comezará o 25 de setembro e rematará o 31 de decembro. A poboación diana son os maiores de 60 anos, colectivos de isco e persoal sanitario. Empezará nas residencias de maiores. O xuíz Vázquez Taín recorrerá a sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial. O organo de goberno suspendeo na súa actividade profesional durante 10 días por compatibilizar, sen autorización, a súa actividade como maxistrado coa xestión dunha productora audiovisual. O Concello de Pontevedra recorre en amparo ante o Constitucional contra as resolucións do Supremo que avalan a permanencia de ENCE en Lourizán. O alcalde xa adiantou que se non se admite a trámite, recorrerán ó Tribunal de Xustiza europeo. O tren galego cumpre hoxe 150 anos. Aquel primeiro trazado unía dous concellos que agora non existen, Conxe, hoxe intgegrado en Santiago, e Carril, que pertencia a Vilagarcía. O tempo. regresa a inestabilidade.... con risco de treboadas no interior. Situación que se vai manter tamén na fin de semana.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 15/09/23
    A concentración convocada polo colectivo 'Xustiza para Unai' esixiu este xove na Coruña que se asuman responsabilidades pola morte deste traballador de Repsol Apoio unánime do Parlamento a unha proposta do BNG para reclamar a Sanidade que se cubran os déficits de persoal en Oncoloxía Pediátrica do CHUS O BNG de NOia volveu reclamar á Xunta un estudo rigoroso antes de autorizar a reapertura da explotación na mina de San Finx, en Lousame
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/09/23
    Seguramente Santiago non será hoxe e mañá das mellores cidades para moverse. Delegacións de 60 países participan nunha reunión de ministros de Economía da Unión europa ampliada a latinoamérica e o caribe.
    Reunión económica de alto nivel pero non esquecemos os problemas máis concretos. Como os que afectan ós bombeiros dos parques comarcais e que semella que entran en vías de solución... alomenos está encarrilada a negociación.
    E saiban que en dez días comeza a vacinación contra a gripe e, de novo, a Covid. Como outros nos Sanidade empezará polas residencias de maiores. O tempo.
    Perdemos a influencia anticiclónica e pola tarde hai aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense por chuvascos tormentosos.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.