Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 03/09/23
    Acabamos de sabelo: José Alberto Pazos Couñago será o novo portavoz do Partido Popular no Parlamento galego. Alfonso Rueda elixe ao deputado pontevedrés para sustituír a Pedro Puy. Alerta entre os bateeiros polo aumento da mortandade do mexillón, en parte, pola alta temperatura da auga. Piden á Xunta que investigue este fenómeno para buscar solucións. (SEVE) A soidade durante a vellez está detrás de que Galicia sexa a comunidade con maior consumo de antidepresivos: por cada mil habitantes dispénsanse preto de 150 doses O Concello de Lugo estuda permitir unha suba no custo das racións de polbo nas casetas do San Froilán. Os polbeiros aseguran que non lles dá para cubrir gastos. (sEVE) Arredor dun setenta por cento do alumnado da educación pública en Galicia recibe algún tipo de axuda. É o que defende o conselleiro de Educación Román Rodríguez, co que falaremos no noso tempo da entrevista.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 02/09/23
    Galicia segue batindo records turisticos. Tamen en agosto. Tanto en numero de visitantes coma de peregrinos. NO que levamos de ano houbo sete millóns de pernoctacións. A alcaldesa de SAntiago porá sobre a mesa a cuestión da taxa turística na reunión co presidente da Xunta o próximo 2 de outubro (seve) O sindicato CIG censura que a educación concertada conte cun maior apoio da Xunta que os centros públicos, no que se refire a atención á diversidade. Denuncian que o centro de saúde de Cangas quedou este venres pola tarde sen ningún facultativo. Isto únese á escalada de queixas que están a chegar este verán a este centro.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 01/09/23
    O BNG valora positivamente que Íñigo Urkullu poña sobre a mesa o debate sobre a cuestión nacional Considera moi necesario avanzar no autogoberno en Galicia, especialmente tras anos sen que se transfiran sequera as competencias previstas no estatuto. Manuel Cabezas fai efectiva a súa renuncia á acta de concelleiro en Ourense O que fora candidato á alcaldía do PP abandona o consistorio, molesto polo apoio do seu partido a Gonzalo Pérez Jácome A unidade especializada en violencia de sxénero da comisaría de Vigo está saturada Pasaron este ano de 21 a 11 axentes, que deben atender ata cinco casos ó día de violencia machista, agersións sexuais ou menores 3 artesás galegas participan dende hoxe na bienal de artesanía de Corea do SUl Son Mercedes Vicente, Marta Armada e Idoia Cuesta, que será a imaxe da delegación española na mostra, como país invitado.
    19 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 01/09/23
    A poucos días do comezo do curso escolar, os alumnos de Segundo de Bacharelato poden respirar algo máis tranquilos. Nun ano especialmente difícil xa saben polo menos que a ABAU de 2024 será moi similar á de anos anteriores. En Galicia estaban nesta situación 12 mil estudantes. Hoxe tamén falamos da dimisión como concelleiro do candidato do PP en Ourense. Manuel Cabezas deixa a corporación tras desmarcarse do pacto do seu partido con Jácome. Ademais, Augas de Galicia abre expediente sancionador á xestora da mina de San Finx, na localidade coruñesa de Lousame. E repasamos os acordos do Consello da Xunta. Entre outras cousas, redúcese o prazo mínimo para un enterramento. Pasará de 24 a 12 horas.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 31/08/23
    A nova ABAU non se implantará este curso. O goberno informou hoxe ás comunidades desta decisión, que coincide coas posturas expresadas previamente polo goberno galego. Consideraba que era demasiado tarde pra muda-las programacións e preparacións do alumnado. Nesta ocasión tamén o ven do mesmo xeito os sindicatos,. Chegados a este punto é mellor que non se implante, din dende a CIG; que iso sí, lamenta que os novos exames non se puxeran en marcha hai meses.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.