Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 29/08/23
    Os centros educativos galegos terán uns 2 mil alumnos menos este curso A consellería sostén que iso permite baixa-las ratios mantendo o número de profesores, pero os sindicatos aseguran que seguen os mesmos alumnos por aula porque cada vez hai menos ensinantes O PSOE de Lugo denuncia que hai 33 mil persoas de 14 concellos en risco de desatención médica Reclaman mecanismos pra cubri-las xubilacións dos médicos do Sergas de atención primaria As mariscadoras da contorna de Sanxenxo recibirán atención específica ós problemas de solo pelviano Vense agravados pola súa actividade laboral. Unha matrona promove un programa específico pra axudalas a previlos e resolvelos O Irixo culmina con éxito a primeira moción de censura dende o 28M A independente Susana Iglesias asume a alcaldía da vila que alternará co candidato do PSOE. Derroca ó rexedor do PP, partido que levaba na alcaldía máis de 30 anos No tempo, xornada de ceos nubrados e chuvias ocasionais
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 29/08/23
    O caso de Luis Rubiales chega ó Parlamento galego. O BNG está disposto a pedir na cámara a dimisión do presidente da Federación Galega de Fútbol se Rafael Louzán non dá o paso antes. Nacionalistas e socialistas consideran intolerable que minimizase o comportamento de Rubiales coa xogadora Jennifer Hermoso, por moito que na reunión da pasada tarde os presidentes das federacións territoriais pedisen o cese de Rubiales.
    Centos de persoas concentráronse a pasada tarde nunha decea de localidades galegas en apoio á futbolista.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 28/08/23
    Os partidos reabren o curso político debatendo sobre machismo. En concreto, sobre a posición do presidente da federación galega de fútbol no caso Rubiales. O PSOE e o BNG piden a súa demisión, e apoian as concentracións de apoio a Jenny Hermoso que hoxe se celebrarán en Pontevedra e Vigo. O PP centra as críticas no presidente da federación española de futbol, non ve tibieza na posición de Rafael Louzán e non se suma á petición. Por outra banda, o BNG asegura que FEijóo non contactou ó seu grupo pra incluilos na súa rolda de reunións de cara a unha eventual formación de goberno.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.