Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 28/08/23
    Vimos dunha fin de semana tráxica nas estradas, con catro falecidos nas últimas horas. Dúas das vítimas mortais rexistráronse nun mesmo sinistro na cidade de Lugo. Polo demais, o Partido Popular arrancou o curso político, e fíxoo unha vez máis en Galicia, co tradicional acto en Soutomaior. Alí estivo este domingo o presidente da formación, Alberto Núñez Feijóo, coa vista posta na investidura.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 27/08/23
    Domingo marcado pola visita do presidente do Partido Popular, Alberto Nuñez Feijoo a Galicia. Esta mañá, estivo na localidade pontevedresa de Soutomaior, rodeado polos baróns do PP e centos de seguidores. Tamén escoitaremos a voz do presindente da xunta, Alfonso Rueda que ratificaba o seu compromiso en seguir traballando para que Feijoo sexa o próximo presidente de España. Nas estradas damos conta de dous falecidos máis esta fin de semana trala colisión frontal entre dous vehículos en Lugo , no resultaron feridas oito persoas, entre elas un bebé. O accidente ocorria as dez da noite deste sábado. Son dous mortos que se suman ó mozo de 28 anos que perdia a vida en ourense na madrugada deste sábado tras sairse da via na moto na que circulaba. No tempo da entrevista falamos co Presidente de COGAMI, a Confederacion Galega de Persoas con Discapacidade.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 26/08/23
    A piques de que remate agosto e de poñer o peche final ás vacacións de verán...Os expertos advirten que o consumo de alcol entre os menores en Galicia aumentou. o abuso detéctase en idades cada vez máis temperás. Un dato. No 2022 o servizo de Urxencias do 061 atendeu a 686 adolescentes con intoxicacións etílicas: foron un 20 por cento máis ca o ano anterior. Damos conta da morte dun mozo de 28 anos esta pasada madrugada, no municipio ourensán de Ramirás tras sairse da via o vehiculo no que circulaba e chocar contra unha árbore. O accidente produciuse antes das 7 desta mañá- e as causas do accidente estanse a investigar. Tamén en Ourense, no municipio de Melón faleceu este sábado un home tras sufrir unha picadura de avispa. No tempo da entrevista falaremos co escritor Xavier de Cea, que vén de publicar coa editorial Galaxia, "Coimbra" a sua primeira novela
    31 min
  • Crónica de Galicia - 25/08/23
    A economía galega desacelérase. Os datos do PIB do segundo trimestre deixan un crecemento de só unha décima. E o sector servizos é o que máis contribúe a ese frenazo. Son datos ata o mes de xuño, pero os de ocupación hosteleira de xullo non permiten moito optimismo: baixou respecto ó ano 2022. O sector apunta á inflación como posible causa, tamén ás eleccións xerais. O presidente da Xunta prefire poñe-lo foco no aumento de visitantes fóra da temporada alta.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.