Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 23/08/23
    O Cerco do noroeste queda sen cuota de sardiña. Só se permiten dende esta noite a captura accidental. Poderán mercar cuota ó golfo de Cádiz, pero os prezos de subasta non o fan moi atractivo Primeira sentenza de readmisión a unha tripulante despedida pola folga de Ryanair. Un xulgado de Santiago confirma a nulidade do despedimento, por vulnerar o dereito á folga dunha traballadora durante as movilizacions do pasado ano Só hai dúas ofertas pra manter en activo a empresa Maderas Iglesias, no Porriño. Os traballadores lamentan que ningun dos candidatos a facerse coa empresa en concurso garanta a totalidade dos empregos A CIG denuncia que a seguridade dos edificios xudiciais non estará garantida co novo concurso. Aseguran que a dotación de persoal prevista pola Xunta non cubre as necesidades das instalacións as 24 horas e os 365 días do ano.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 23/08/23
    Hoxe vai ser o pior día de calor en Galicia pero mañá comeza a remitir. Despois de se rexistrar este martes temperaturas superiores a 40 graos en catro puntos da provincia de Ourense, a Xunta decidiu para hoxe manter a alerta vermella en Valdeorras e a laranxa en Ourense e ampliala a todo o sur da de Lugo. Trinta concellos da provincia da Coruña estarán tamén en alerta laranxa.
    Desde a Consellería de Sanidade chaman a estar moi pendentes da hidratación nestas circunstancias. Vexamos cómo abre o día nas principais cidades, tralo que foi unha noite tropical, por riba dos 20 graos, en moitos puntos da nosa xeografía.
     
    15 min

    1 min
  • Crónica de Galicia - 22/08/23
    O BNG pregunta se a Xunta comparte os argumentos do PP contra o uso do galego no Congreso. Vai presentar unha iniciativa no Parlamento galego para que tódo-los grupos teñan que mostrar a súa posición. En Arousa, a confraría xa levantou este verán máis dun cento de actas contra os que chama "furtivos de bañador". Turistas que levan dos areais ameixas sen ter en conta nin o tamaño nin que son o sustento de máis de douscentos profesionais. En Lugo, os veciños de Recimil apoian o peche do paso a nivel no que morreron dous mozos leoneses. Adif habilitará un camiño paralelo á vía pra conectar cun paso inferior situado a 300 metros. Movemento solidario pra recuperar o estaleiro Fra, destruído por un incendio en San Cibrao. O lume estivo a piques e rematar con máis de dous séculos de patrimonio marítimo, pero, co lema SOS Carpintería de Ribeira, xa se recadaron 12 mil euros.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.