Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 22/08/23
    De momento, non haberá primarias nos socialistas galegos para elexir ó candidato á presidencia da Xunta. A dirección do PSOE suspéndeas ata que se supere o proceso de investidura...hoxe o Rei remata as consultas cos distintos partidos.
    E, en Lugo, Adif propón os veciños que habitualmente empregaban o paso a nivel no que morreron dous mozos leoneses, pecha-lo e habilitar un desvío por unha vía infrior que hai a 300 metros.
    A Xunta activou a alerta por un episodio de calor esta semana, Hoxe e mañá serán os días coas temperaturas máis altas. De feito, nas próximas horas, decretouse alerta vermella para a zona de Valdeorras, e alerta laranxa para o sur de Lugo, Miño de Ourense, costa da provincia de Pontevedra e parte do litoral coruñés.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 21/08/23
    Paro no estaleiro Metalships polo despedimento de sete operarios. Comisións Obreiras acusa á dirección de represión sindical, de desmantelamento da factoría e adianta a posible convocatoria dunha folga indefinida. A liña de Alta Velocidade entre Ourense e Santiago permanecerá pechada unha semana. Faise para que os maquinistas reciban a correspondente formación tra-la instalación do sistema de freado autommático ERTMS. O traxecto realizase en autobús. Cada ano vendima empeza antes. Dúas adegas de Valdeorras xa iniciaron a recollida da uva godello. Os adegueiros prevén unha gran campaña na que se podería acadar cifras rércord de producción. Os mariscadores de Carril defende o premio que lle deron á empresa que xestiona a mina de Touro. Ante as críticas dos ecoloxistas, aclaran que Cobre San Rafael financia un estudo sobre o estado da ría. E, os dous tripulantes dunha embarcación de pesca foron localizados en bo estado. Estaban sendo buscado ó non regresar a porto.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 21/08/23
    Os traballadores da central térmica das Pontes piden que se concreten os novos proxectos de Endesa na zona tralo anuncio, esta fin de semana, do peche definitivo da fábrica O próximo curso escolar pecharán tres colexios en Laxe, Padrón e Vimianzo. A consellería de Educación xustifica a medida porque todos tiñan menos de cinco alumnos matriculados. O concello de Santa Comba presenta unha queixa formal ó conselleiro de sanidade por non cubrir a ausencia por vacacións dun pediatra, no centro de saúde da localidade. Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas. Algúns perderon ata 40 por cento da produción.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 21/08/23
    Nas Pontes, a fin de semana veu maraca pola autorización do Goberno ó peche definitivo da central térmica. Non por agardada deixou de causar preocupación... sobre todo porque os proxectos alternativos aínda non están en marcha.
    E, este luns o Rei comeza as consultas cos grupos parlamentarios pra propoñer candidato á investidura como presidente do Goberno... Na ronda non estará o BNG que rexeita a invitación ó igual que outras tres formacións con representación no Congreso. O tempo. Nova suba de temperaturas. Arestora aínda hai algúns bancos de neboa pero o ceo vai quedar despexado.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.