Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 20/08/23
    Mantemento do emprego, recolocacións e desprazamentos mínimos. É o que están a esixir os traballadores da central térmica das Pontes dende que se anunciou o peche definitivo das instalacións. Os transportistas reuniranse o martes pra decidir posibles mobilizacións. Mentres, os gandeiros volven lanzar a voz de alarma pola nova caída dos prezos do leite. E en Ourense, preocupados pola falta de xornaleiros para a vendima. Nos Deportes, ademais das competicións locais, Galicia tamén está moi pendente nestes momentos da selección española de fútbol feminino, con gran ambiente nas prazas de vilas e concellos onde se instalaron pantallas xigantes pra seguir a final do mundial.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 19/08/23
    Agora si. A central térmica das Pontes xa ten prazo pro seu peche definitivo. De aquí a doce meses, como máximo, deixará de funcionar por completo. A autorización publicábase esta mañá no BOE e os traballadores xa demandan a convocatoria urxente da Mesa para unha Transición Enerxética Xusta. Polo demais, atentos ós lumes, con 150 hectáreas arrasadas nos concellos de Palas e Castro de Rei. Os dous estabilizados. E unha vítima mortal nas estradas. Un home de 33 anos en Manzaneda.
     
    17 min
  • Crónica de Galicia - 18/08/23
    Os contaxios con covid estabilizanse en Galicia, despois da repunta de finais de xullo. O SERGAS insiste en que agora os síntomas son leves e adianta que a campaña de vacinación do outono volverá facerse coa da gripe. Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas. Algúns perderon ata o 40 por cento da produción. Cren que a principal causa pode ser o aumento da temperatura da auga. Gandeiros do interior da provincia de Ourense alertan dos numerosos ataques producidos por lobos nas últimas semanas. Indican que no que vai de ano xa se superaron o número de partes emitidos en todo o 2022. A Garda Civil difunde os retratos robot dos supostos autores dunha agresión sexual no Porriño. Pide a colaboración cidadá. Quen poida aportar algún dato debe comunica-lo no teléfono : 600 461 444. No tempo, xornada moi diferente a dos últimos días, aproxímase unha nova fronte..
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.