Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 16/08/23
    Alta ocupación estes días nos establecementos turísticos, iso supón máis beneficios pero tamén problemas en moitos concellos...porque os servizos non están preparados para cando se multiplica por catro a poboación. É o caso de Barreiro onde a alcaldesa lle pide á Xunta que cumpra os seus compromisos co municipio, por exemplo pra ampliar a rede de abastecemento de auga. En Cangas as protestas son veciñais polo descontrol nos aparcamentos.
    Un verán no que temos quedar conta doutra morte nunha praia..Un cidadán portugués faleceu este martes nunha praia de Baiona. Foi rescatado da auga sen coñecemento e xa non puido ser reanimado. O suceso produciuse na praia Ladeir. A víctima tiña 78 anos e era veciño de Monçao. O tempo. Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. As temperaturas algo máis altas, sobre todo no norte.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 15/08/23
    O turismo, que sempre se viu como un fenómeno positivo, está a crear problemas que algúns concellos non están preparados pra afrontar. Galicia está de moda... como exemplo, quen busque un billete pra ir as Cíes ou baixar a praia das catedrais, xa non o vai atopar. A ocupación hoteleira e moi alta, aínda que o gasto por turista non é tanto... Pero hai concellos que non calcularon ben o crecemento: é o caso de Barreiros.... o crecemento urbanístico non levou aparellados os servizos correspondentes, por exemplo o da auga. A alcaldesa pide á Xunta que cumpra os seus compromisos pra renovación das infraestructuras de abastecemento.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/08/23
    A AP-9 sería de balde desde o vindeiro xoves se no ano 2000 un goberno do Partido Popular non ampliara a concesión. E, a súa xestión está a ser un gran negocio: audasa gañou 36 millóns de euros no primeiro trimestre do ano.
    O BNG vai presentar unha iniciativa no Parlmento vai presentar unha iniciativa no Parlamento para que se estude o custe do rescate.
    Hoxe e 15 de agosto o día grande das festas e verbenas en Galicia. Xornada na que o exército inicia o seu despregue en 38 municipios galegos para loitar contra os incendios forestais. Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Non se descarta algún orballo ó norte de Lugo.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 14/08/23
    A CIG denuncia que o Sergas non está cubrindo os permisos e as vacacións nos PACs da Área Sanitaria de Vigo. Isto supón un aumento importante da carga de traballo aos sanitarios que atenden urxencias con quendas de 17 horas diarias, entre semana, e 24 horas, domingos e festivos. Técnicos das universidades de Vigo e Compostela comezaron hoxe a poñer primeiras trampas pra captura-los moquitos tigre que apareceron en Moaña. Esta mañá reuníronse neste concello do Morrazo pra explicar ó goberno local as medidas que van ir tomando. Nos días de máis movementos nas estradas, tráfico puxo en marcha unha campaña de control de consumo de alcol e drogas. As estatísticas confirman que máis da metade dos mortos en accidentes beberan antes de poñerse ao volante. En Pontevedra non hai visos de que o BNG e o PSOE acaden un pacto de goberno. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores descartou polo momento retomar as negociacións.
    1 hr 1 min
  • Crónica de Galicia - 13/08/23
    A denuncia de que a Xunta estaba a pontear aos inspectores das residencias avisando de cando ían a presentarse nelas para ver as condicións dos anciáns indigna a estes profesionais. Piden que se retome o sistema anterior porque o actual vai contra a calidade asistencial. Mentras os usuarios estudan levar estes feitos á fiscalía. A actualidade política pasa hoxe polo Carballiño. Alí están a vicepresidenta segunda Yolanda Díaz, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e dous conselleiros. E en Vigo hoxe hai dificultades para desprazarse en bus urbán por mor da folga de traballadores de Vitrasa porque os servizos mínimos decretados son a metade dos dun domingo que xa son escasos normalmente.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.