Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 17/08/23
    En Pontevedra, hoxe só están abertos dous dos catro parques comarcais de bombeiros. Os traballadores lamentan que a Xunta e as Deputacións priorizansen as vacacións á busca dunha solución para o conflcito que dura xa máis de dous meses. Concentración esta tarde en Monforte en repulsa pola presunta agresión sexual a dúas mozas durante as festas Hai dous rapaces investigados: un deles está en liberdade con medidas cautelares, outro nun centro de menores Caída demográfica en Galicia cun 1'5 por cento de nacementos menos que na primeira metade de 2022 Os expertos cren que hai que mellorar a conciliación e, ó tempo, dar novos servizos pra coidar ós maiores Día da Galiza Mártir: Poio acolle arestora un acto en homenaxe ós represaliados do Franquismo Alí foi asasinado un día coma hoxe do 36 Alexandre Bóveda, impulsor do Partido Galeguista. Pola tarde os actos trasládanse ó cemiterio de San Amaro, en Pontevedra No tempo... por diante unha tarde con máis nubes cara ó leste nun día de transición porque mañá volve a choiva.
    30 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 17/08/23
    Decretada a posta en libertade, dun dos detidos en Monforte de Lemos, acusado de violación a duas mozas durante as festas patronais . O outro acusado ingresou nun centro de menores. o Concello de Monforte anunciou que se persoará como acusación particular no caso. De seguido ampliamos esta información, agora, outros titulares da xornada con Paula Filgueiras O Parque de bombeiros de Ordes reabre hoxe tras estar pechado por cuarta vez ante a falta de efectivos, provocada pola folga indefinida dos parques comarcais, activa dende o pasado mes de xuño A asociación de veciños de Coeo e Recimil segue reclamando unha solución ao paso a nivel no que morreron dous traballadores de Adif, de 19 e 21 anos, tras seren embestidos por un tren o pasado 19 de Xuño. O verme militar estase convertindo no principal problema pros agricultores de Santa Comba e Mazaricos debido ós agresivos ataques que están producindo nas plantacións do millo.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/08/23
    As miradas están postas hoxe no Congreso. Ábrese unha nova lexislatura con todo por decidir...o que pase hoxe pode dar unha idea sobre a formación do novo goberno. Esto en Madrid... En Galicia, estamos pendente da dobre violación en Monforte... un dos dous presuntos autores da agresión sexual quedou en liberdade, con medidas cautelares, o outro, como é menor, ingresou nun centro de reinserción.
    Hoxe haberá unha concentración de repulsa.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 16/08/23
    39 persoas representarán a Galicia na décimo quinta lexislatura que comezará mañá no Congreso e Senado, e xa coñecemos cales son as prioridades dos respectivos grupos, as que levarán á axenda parlamentaria para defender os intereses dos galegos. O PP centrarase na captación de fondos; PSOE e Sumar queren frear o despoboamento e o BNG pide máis autogoberno. Os nacionalistas anunciaron por certo esta mañá o seu apoio á proposta socialista para que a balear Francina Armengol sexa a próxima presidenta do Congreso.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 16/08/23
    -En Santiago. Os veciños do entorno do Antigo Club Financieiro Atlántico protestan polos problemas que xeran os okupas e anuncian movilizacións. -O Concello de Bergondo queda en pleno mes de agosto sen Policía Local, as oficinas están pechadas e ningún dos axentes atópase operativo. -Os apicultores ourensás prevén unha campaña díficil, marcada polo aumento da avispa asiática e pola ameaza que supón para as abellas comúns.
     
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.