Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 12/08/23
    No concello de Moaña traballan xa para evitar a propagación do mosquite tigre, un insecto do que se localizaron 8 exemplares e que pode transmitir enfermidades graves. Despois da xuntanza da Comisión Técnica do Sergas a tarde pasada na localidade están a aplicar as medidas recomendadas. Mentras, en Foz levantouse a prohibición de beber auga da billa despois de que desaparecera a contaminción por trihalometanos.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 11/08/23
    Conta atrás pra operación saída de mediados de agosto: agárdanse máis dun millón de desprazamentos en Galicia. As autovías das Rías Baixas e do Salnés ou os accesos a Santiago desde Noia serán algúns dos puntos con máis afluencia de vehículos. Reunido arestora un comité técnico do Sergas pra determinar as medidas de prevención ante a aparición de mosquitos tigre. Vixiar as zonas húmedas ou limpar os pratos baixo as macetas son algunhas das recomendacións. Representantes do sector do mar comezarán a recoller sinaturas a vindeira semana pra levar as súas peticións ó Parlamento. Unha iniciativa lexislativa popular pra priorizar e protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras fronte a proxectos coma os eólicos. Vigo convértese durante 3 días na capital do deporte urbano. Preto de 200 mil persoas visitarán esta fin de semana a cidade para disfrutar do Marisquiño. Un festival no que se darán cita os mellores deportistas internacionais en disciplinas coma o skate, Be Eme Xe, Básket 3x3 ou o break dance. No tempo, entrou unha nova fronte que está a deixar os ceos algo cubertos.
    30 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 11/08/23
    O pesqueiro apresado en Camariñas ocultaba máis de mil cen quilos de cocaína. Hai alomenos un detido, a embarcación tiña base en CamelleDe seguido ampliamos esta información, agora, outros titulares da xornada con Paula FilgueirasFinalmente non haberá folga no servicio de limpeza e recollida de lixo en Vilagarcía. Traballadores e empresa chegaron a un acordo que vai evitar o paroAs traballadoras do servizo de limpeza de Correos da provincia de POntevedra concentráronse para protestar polos retrasos continuados no pago das nóminasA asociación de veciños da zona centro de Vigo celebra que o alcalde recoñeza  os danos colaterais que teñen que padecer durante case 3 meses polas molestias das atraccións do Nadal
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/08/23
    Nova operación contra a droga en Galicia, unha das máis importantes deste ano. A policía incuatouse de máis dunha tonelada de cocaína. Foi nun pesqueiro en Muxía. De moemnto, só se informou dunha nova detención, pero sospeitanse que o alixo ten que ver cunha operación de maior envergadura.
    Incendio en Pontevedra, cunha persoas morta. E acordo en Vilagarcía polo que queda desconvocada a folga de recollida de lixo. Así as festas de san roque poderán celebrarse con normalidde.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.