Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 19/07/23
    o comisario de pesca non é partidario de empregar fondos públicos pra renovación da flota pesqueir como lle piden os ministros. Ó remate do cumio informa celebrado en Vigo Sinkevicios sinalou que a actuación de debe ser financiad con fondos privados. Sobre o veto á pesca de fondo, anunciou que a finais de mes terán un informe científico que será determinante.
    E, segundo conflicto que se desbloque esta semana... agora é o de ambulancias, a suspensión da folga está pendente das asembleas que se van celebrar ó longo da mañá.
    Non esquecemos a campaña electoral... Os partidos apuran os tres últimos días pra conseguir o voto pras eleccions do domingo. O tempo.
    Hoxe estaremos nuha situación intermedia, con predominio da influencia anticiclónica e a circulación do nordés. O ceo vai estar máis aberto pola tarde.
    14 min
  • Crónica de Galicia - 18/07/23
    O pesqueiro é un sector pequeno en emisións, pero tamén ten pendiente a súa transición ecolóxica. Un asunto que abordan hoxe en Vigo os ministros europeos do ramo. Son varios os retos por diante, segundo sinalaba hoxe alí o comisario de Pesca: as tecnoloxías aínda se están a desenvolver, e as que se van plantexando esixen cambios regulatorios pra modifica-los volumes dos buques. O outro reto é a renovación das flotas pra incorporalas, o que levou ó ministro español, que preside o encontro, a plantexar a creación dun fondo específico pra axudar ó sector...
    27 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 18/07/23
    En Betanzos, a rexidora da localidade acusa o Partido Poular de embarrar a tradición do globo de san roque con acusacións politicas que di a alcadesa nada teñen que ver co lanzamento do aerostato. Maria Barral tamén aclarou que o motivo de que este ano non saia o globo non se debe a problemas económicos se non a unha falta de organización por parte da patronal
    12 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/07/23
    Fixeron falta quince reunións para que no sector do metal en Pontevedra se alcanzase un preacordo sobre o convenio que agora terá que ser ratificado polos traballadores. De momento, a folga indefinida que ía empezar hoxe foi suspendida.
    Protagonismo pesqueiro para Vigo...os ministros de pesca da Unión Europea tiveron ocasión esta mañá de comprobar o pontencial deste porto cunha visita á lonxa.
    Na campaña electoral hoxe destaca a presencia en Galicia do expresidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero
    14 min
  • Crónica de Galicia - 17/07/23
    Vigo, primeiro porto pesqueiro da Unión Europea, como salientaba hoxe o Ministro Luis Planas, acolle dende hoxe ós máximos responsables da unión nesta materia. Hoxe xa escoitaron de mans do sector unah petición: que os avances en sostibilidade teñan en conta a relevancia económica e social desta actividade, e que os apoien pra facela máis sostible. Mañá será o groso destes encontros que tamén abordarán outars materias, dende o relevo xeracional á seguridade alimentaria... Os ecoloxistas reclaman ós ministros que poñan fin á pesca industrial.
    27 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 17/07/23
    Na política derradeira semana antes das eleccións. Veremos qué actos nos agardan pra este luns día 17. Noutras novas, Hai que lamentar unha nova morte a causa dun tren nun paso. Ocorreu en Lalin na tarde deste domingo. A vitima, un home que accedera ás vías por unha zona non permitida. Do accidente ocorrido na parroquia lucense de Recimil a pasada semana, que se cobrou a vida de dous mozos de león, este mércores hai conovada unha protesta dos veciños pra denunciar a falta de seguridade nese paso a nivel
    12 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/07/23
    A pesca protagonista. Por un lado pola reunión informal de ministros de pesca en Vigo e, por outro, polo remate do acordo de pesca con Marrocos que afecta a media ducia de pesqueiros galegos.
    Pero tamén a campaña electoral que entra na recta final...Nun luns no que se constitúe a Deputción de Ourense, despois de tres décadas a presidencia deixará de estar vinculada ó apelido Baltar. O tempo.
    Volvemos quedar baixo influencia anticiclónica e sobes as temperaturs. O ascenso será máis acusado na metade sur.
     
    14 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.