Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 13/07/23
    Outro paso a nivel convértese nunha trampa. Dous mozos leoneses faleceron en Lugo...desprazábanse nun coche que foi embestido por un tren. Accidente abre de novo o debate sobre este tipo de cruzamentos... o paso non tiña barreiras aínda que si estaba sinalizado... Adif tiña prevista xa a súa supresión....
    E, en Vigor retomáronse as negociacións pr buscar un acordo no sector do metal... pero, de momento, as partes non modifican a súa postura...e hoxe manifestación en Santiago dos bombeiros comarcais
    11 min
  • Crónica de Galicia - 12/07/23
    As forzas de seguridade investigan o sucedido esta mañá no lugar de Recimil, en Lugo, onde un turismo foi arroiado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. O coche quedou incrustado baixo a cabeza tractora e foi arrastrado un treito. O resultado, un mozo de 21 anos falecido e os outros dous ocupantes feridos graves.
    Os tres eran traballadores dunha empresa que traballaba na construción dunha subestación preto do lugar, pero non traballaban nas vías. NOn houbo que lamentar feridos entre os pasaxeiros do convoio.
     
    27 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 12/07/23
    O sector do metal reanuda hoxe as negociacións sobre o seu convenio colectivo- Fano tras desconvocar as dúas xornadas de folga previstas para esta semana pero iso sí, avisan que de non chegar a un acordo, iniciarán unha folga a semana que vén de carácter indefinido. Na política veremos qué actos nos agardan pra esta sexta xornada de campaña.
     
    12 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/07/23
    Pasada a resaca o debate entre os dous principais candidatos á presidencia do Goberno, a campaña continúa sen sobresaltos en Galicia con moita menos presencia nas rúas ca nas pasadas eleccións municipais. E aquí, alomenos de momento, o calor non é unha disculpa.
    Aínda que hoxe imos ir recuperando a influencia do anticiclón, pero pola mañá aínda teremos nubes baixas e algún orballo no terzo norte.
    11 min
  • Crónica de Galicia - 11/07/23
    Despois de anos de denuncias polo seu deterioro e abandono, o panteón de galegos ilustres está a piques de vivir unha mundanza. Os tres partidos políticos secundan unha proposta pra converter o lugar de repouso de Rosalía de Castro, Castelao e outros referentes da nosa cultura nun espazo de xestión pública.
    Dende o Museo do Pobo galego saúdan a iniciativa, e agardan que se acometa unha restauración integral. O debate entre os candidatos do PP e o PSOE marca boa parte da campaña pras eleccións. Uns comicios nos que 97 invidentes contarán con votos adaptados ás súas necesidades.
    28 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 11/07/23
    A falta facultativos nos hospitais volve ser noticia. Na provincia da Coruña, na Ribeira , os pacientes queixánse da falta de pediatras. En Corrubedo faltan médicos de familia e en Ourense, no hospital de Valdeorras, As carencias de especialistas no servizo de hematoloxía comprometeN a atención sanitaria aos doentes. Na política repasaremos cómo foi o quinto día de campaña e escoitaremos as primeiras reaccións en Galicia do cara a cara entre Sánchez e Feijoo
    12 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/07/23
    Continúa a campaña electoral. Hoxe cos ecos do debate entre os candidatos á presidencia do goberno Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. En Galicia, hoxe os líderes do PP e PSdeG vanse a ourense.. sumar presenta as súas propostas en materia de benestar animal e o BNG sobre feminismo
    11 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.