Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 10/07/23
    Os centros máis afectados polas carencias de èrsoal sanitario vense aínda máis afectados coa chegada do verán. A falta crónica de especialistas en Valdeorras está agora obrigando ós doentes a peregrinar ata a capital provincial pra seren vistos por un hematólogo, ante a falta dos dous especialistas. No Barbanza o que faltan son pediatras. Os que acudiran ó PAC de Ribeira nas últimas horas foron derivados ó hospiotal do barbanza onde sufrioron longas esperas pola falta deste persoal.
    28 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 10/07/23
    Primeira fin de semana de campaña na que o PP celebrou o seu acto central na praza de touros de Pontevedra, na vispera do único cara a cara televisivo entre Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. Unha campaña marcada pola igualdade entre os bloques de esquerda e dereita.
    Pero este domingo veu marcado tamén pola noticia do pasamento de Luis Suárez. O coruñés foi o único futbolista español que conseguiu o bal´0n de ouro
    11 min
  • Crónica de Galicia - 09/07/23
    hoxe 9 de xullo as miradas están postas na política, especialmente en Pontevedra onde Alberto Núñez Feijóo celebra hoxe o miting central de campaña. Pero novas tamén en Milán onde morreu o xogador coruñes e seleccionador nacional Luís Suarez aos 88 anos
    27 min
  • Crónica de Galicia - 08/07/23
    Mobilización esta mañá en Lousame contra a reapertura da mina de San Finx. Protestan ecoloxistas e tamén mariscadores porque recuperar a actividade suporía baleirar augas contaminads na ría de Muros. Tamén en augas de Panamá estase a buscar un pescador de Porto do Son que ía nun barco de Ribeira e que desapareceu a noite pasada, posiblemente tras caer ao mar
    28 min
  • 20230707 R1/R5 CRONICA DE GALICIA
    Xa estamos en campaña pras eleccións xerais do 23 de xullo, e escoitamos en breve as súas mensaxes... Pero aínda quedan cambios por pechar nos concellos tralas eleccións do 28M. Hoxe, día de plenos pra constituir 12 corporacións, 10 da Coruña e dúas de Ourense, que viron aplazada a súa formación por mor de recursos ante as xuntas electorais. Só dous concellos deixaron a sesión plenaria pra tarde, pero non se agardan sorpresas. O BNG e o PP sumarán 4 rexedores cada un, o PSOE unha alcaldía, e os outros tres irán pra formacións locais independentes.
    Queda un concello por constiutir, o de castrocaldelas, que non ten data pra repetir elecións.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 07/07/23
    Primeiro día da campaña electoral pras eleccións do día 23. Os partidos realizaron a pasada media noite a tradicional pegada de carteis. O PP e PSOE escolleron Ferrol e Vigo, únicas cidades onde gobernan con maioría absoluta, e o BNG, Santiago, cidade que goberna desde hai un mes. Yolanda Díaz foi a primeira candidata a presidencia do goberno en visitar galicia en campaña.
    Pero este venres, sobre todo, destacamos unha tráxica noticia: a morte nun neno no Porriño tras pasar varias horas abandonado nun coche
    12 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 07/07/23
    Botou a a andar a segunda campaña electoral en dous meses con mensaxes dos dous partidos maioritarios para concentrar o voto e lograr unha maioría suficiente para gobernar, cos polos esquerda dereita moi divididos.
    Pero hoxe espertamos cunha noticia tráxica: a morte dun neno de dous anos no interior dun coche no Porriño. Pasou varias horas esquecido no ingterior do vehículo nun aparcamento.
    E, de novo este venres protesta nas rúas dos traballadores das ambulancias e do metal de Pontevedra
    11 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.