Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 05/07/23
    O goberno central agardará á publicación nos boletíns oficiais da nova lei de ordenación do litoral pra decidir se cómpre tomar medidas na súa contra. Así o adianta o delegado do goberno en Galicia, que entende que a aprobación desta norma, sen consenso, o único que consegue polo de agora é reduci-la seguridade xurídica pra emrpesas e operadores no dominio público de costa. Por outra banda, en Pontevedra, o concello adianta que seguirá loitando por recuperar pro uso público os terreos da ría que ocupa a pasteira ENCE. Entende que o Supremo, que rexeitou os seus recursos, deixa argumentos sen resposta, e acudirá ó constitucional.
    31 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 05/07/23
    Se un veciño de Betanzos ou dos concellos da contorna chama ós bombeiros por un incendio na súa vivenda, ou se hai un accidente da estrada, os profesionais tardarán o dobre en chegar. O parque de Betanzos leva 24 horas pechado ó non ter o persoal suficiente para cubrir os servizos mínimos. Os traballadores dispoñibles foron trasladados a Arteixo. 1. Selado o bipartirto en Cambre entre PSOE e Unión por Cambre; e tripartirto en Arzúa con Alternativa, BNG e socialistas 2. O concello da Coruña anuncia a súa intención de celebrar Viñetas desde o Atlántico entre o 7 e o 13 de agosto en Méndez Núñez 3. A Coruña será sede do festival internacional de música escrita con Intelixencia artificial 4. O Racing de Ferrol debutará na Segunda División ante o Elxe o sábado 12 de agosto no Martínez Valero
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/07/23
    O paro segue baixando e Galicia baixa por primeira vez dos 130 mil desempregados. O temor estes bos datos descansan sobre todo no sector servizos e na estacionalidade.
    E, o Supremo rexeita os últimos recursos contra o fallo que permite continuar a ENCE na súa actual ubicación outro medio século máis.. pero o goberno local de Pontevedra sinala que a súa loita non acaba aquí. Precisamente onte o Parlmento aprobou a lei de ordenación e xestión do litoral, aínda que sen os medios pra asumir estas competencias que o goberno central sempre lle negou
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 04/07/23
    Segue baixando o paro. En xuño reduciuse en 5.400 persoas o número de desempregados.
    É unha reducción do 4 por cento, que é máis do dobre que a media do Estado. Agora hai 129 mil persoas demandantes de emprego, cando hai un ano pasaban das 140 mil. No Parlamento aprobouse a nova lei do litoral. Contempla a asunción por parte da Xunta das competencias de xestión do espazo marítimo terrestre.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 04/07/23
    Os datos de desemprego están en mínimos históricos. Son pouco máis de 129 mil. O mes de xuño deixa unha caída dos parados que duplica a media nacional, a terceira mellor do conxunto do estado. Porén, a melloría recae especialmente no sector servizos, o que apunta á estacionalidade, e os sindicatos apuntan a unha repunta do emprego temporal.
    31 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 04/07/23
    A alcaldesa de Santiago non participará no ritual relixioso da Ofrenda ao Apóstolo, aínda que si estará presente no resto de actos institucionais do 25 de xullo. Así llo trasladou Goretti Sanmartín ao arcebispo Francisco Prieto, co que se reuniu no Pazo de Raxoi. Nun estado laico e aconfesional, a decisión de non participar en actos litúrxicos é entendible, dixo a alcaldesa. O Concello anunciou ademais un novo acto institucional o 25 de xullo para premiar a persoas e institucións que traballen a prol da capital
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.