Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 30/06/23
    Este venres deuse o seguinte paso tralas elección municipais e a constitución dos concellos: a conformación das Deputacións provinciais. A primeira, a de Lugo, nun día no que os socialistas e o BNG asinaron un acordo para gobernar nesta e na da Coruña. O día déixanos tamén máis sombras sobre os concursos de adxudicación de liñas de transporte por estrada a Monbús. Seguen aumentando as sentenzas xudiciais que os anulan por cuestións de legalidade
    10 min
  • Crónica de Galicia - 30/06/23
    Xa son tres as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan concesións de rutas á compañía Monbús ou a unións de empresas dominadas por ela no transporte escolar galego. Autos xudiciais que veñen da-la razón a outras empresas de transporte de viaxeiros, que denunciaran que esta compañía copara a meirande parte dos contratos, e o 80% do transporte de viaxeiros. O BNG cre que confirman o trato de favor e a connivencia da Xunta coa empresa de Raúl López que tamén eles denunciaron públicamente en numerosas ocasións. A conselleira Ethel Vázquez inssite en que se cumpriron os procedementos legais. Nova destacada a pouco máis dunha hora do inicio da operación saída, que moverá máis de medio millón de vehículos polas nosas estradas - A empresa A Ostreira do Grove asegura que Costas lles obriga a retirar as piscinas ubicadas en dominio público. O Goberno négao. Aclara que o que non admitíu foi a proposta de ampliación das piscinas porque a empresa ten dispoñible unha parcela privada ó carón. - Nova xornada de folga dos traballadores de Vitrasa. Reclaman a actualización do seu convenio. Hoxe manifestáronse ata o Concello onde lle reprocharon ó alcalde as súas críticas. - Unha xuiza de ourense chama a declarar ó arquitecto que fixo o proxecto da parte do instituto no que morreu un alumno. Faino a instancias da acusación particular que pretende aclarar se a estructura construída se corresponde co proxecto. - Preocupación no BNG polas consecuencias que o avance da dereita pode ter na defensa da memoria histórica. Esta mañá, ante o monumento ós fusilados no campo da Rata, na Coruña, Ana Pontón, reivindicou políticas valentes
    20 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/06/23
    As exportacións continúan as ser determinantes para a evolución positiva da economía galega que volve a niveis de crecemento anteriores á pandemia. Hai un segundo factor tamén importante, o consumo, aínda que centrdo no turismo e hostelaría, porque se reduce o gasto en alimentación. A sombra agora é o aumento dos xuros.
    Último día de mes e de traballo para moitos que, precisamente hoxe, se van de vacacións. Non os políticos porque nunha semana empeza a campaña electoral, a oficial, para as eleccións xerais do día 23 de xullo.
    Pois na despedida de xuño recuperamos a influencia anticiclónica e soben de novo as temperaturas.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.