Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 04/07/23
    A Coruña reviveu este luns a agresión homófoba que lle custou a vida hai dous anos a Samuel Luiz. O colectivo LGTBI pide que non se baixe a garda na defensa duns dereitos que seguen vendo ameazados. O caso aínda está pendente de xuizo.
    Tamén estamos pendentes do regreso dos mariñeiros que tiveron que abandonar o barco tras un incendio no gran sol. Os primeiros xa emprenderon a viaxe de volta
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 03/07/23
    Xa están en terra, sans e salvos os 15 tripulantes do pesqueiro, Nuevo San Juan, que ardeu este domingo en augas do Gran Sol. Os mariñeiros están no porto irlandés de Castle-twon-bere onde prestaron declaración sobre o sucedido a fin de semana. Preveese que poidan voltar a Galicia nos vindeiros días. Hoxe na Coruña conmemóranse os dous anos da morte de Samuel Luiz, pr mor dunha paliza recibida a máns dun grupo de persoas. Cinco delas están a espera de xuizo.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 03/07/23
    Están en terra, nun porto irlandés, sans e salvos, os 15 tripulantes do Novo San Juan, que onte sufriu un grave incendio no Gran Sol. Están en bo estado, aínda que conmocionados polo sucedido. O barco aínda se mantén a flote, pero os danos son moi importantes. Dende Burela aseguran que era un pesqueiro en bo estado, e que haberá que investigar qué sucedeu, porque os incendios no mar son excepcionais. Mentres, os traballadores, galegos, latinoamericanos e indonesios, prestan declaración antes de volver ás súas casas.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 02/07/23
    Quedan uns días por diante pero os grupos políticos están, na práctica, de campaña electoral con actos a diario por Galicia e peticións de voto para as xerais. Quenda esta mañá para Sumar na Coruña, onde aproveitaron para anunciar que Yolanda Díaz realizará a pegada de carteis na cidade herculina. Desde Santiago Ana Pontón pide apoio para darlle voz a Galicia en Madrid; e no PP tiran da traxectoria de Núñez Feijoo na nosa comunidade. Máis política no noso tempo de entrevista: conversaremos con José Ramón Gómez Besteiro, o exdelegado do Goberno, que encabezará a lista do PSOE ó Congreso pola provincia de Lugo nas próximas eleccións xerais. Analizamos tamén as novas normativas para os gandeiros acerca de como facer o rexistro de vendas do leite. A mañá deixa a evacuación dun veciño de Rois en helicóptero medicalizado tras caerlle enriba un portal de ferro. Ocorreu pasadas as once na parroquia de Augasantas. Non quedou atrapado pero, debido ó golpe, non podía moverse.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 01/07/23
    Seguen os ecos da última sentenza contra as concesións de transporte escolar gañados por Monbús. Empresas que fixeron as denuncias advirten de que este paso cambiará o mapa do transporte en Galicia, e que Monbús acabará por ver prexudicadas os contratos tamén do transporte urbano. Mentres nervios en Silleda coas oposicións a distintas categorías da administración autonómica. Participación dun 52 por cento dos anotados nos exames da quenda de mañá. En Vigo, desaloxado un edificio da rúa Sanjurjo Abadía esta mañá por mor dun incendio. Trátase dun inmoble abandonado aínda que había algunhas persoas dentro. Con todo, non hai que lamentar feridos. E reaberto ó público un dos tesouros da Mariña: o paseo do Fuciño do Porco. No deporte, moito movemento de entradas e saídas. O Celta fai a primeira fichaxe da tempada: Carles Pérez, traspasado pola Roma, xa xogou cedido cos vigueses na última campaña. O Depor renova a súa estrutura: confirmado Imanol Idiakez como novo adestrador, Massimo Benassi como director xeral. Fichaxe ademais de Paris Adot para os branquiazuis. No noso tempo de entrevista conversaremos coa escritora Ledicia Costas, quen esta semana recibiu unha das Medallas Castelao.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.