Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 27/06/23
    Aprobada a reforma da lei do xogo cos únicos votos do Partido Popular. A oposición considera que se perdeu unha gran oportunidade pra limitar o acceso dos menores ás máquinas de xogo. Manuel Baltar non descarta presentar de novo a súa candidatura á presidencia do PP de Ourense. Non ocultou o seu malestar con Alfonso Rueda e aclarou que debe ser el quen anuncie se aspira ou non á reelección. O goberno marcase coma obxectivo protexer o 30 por cento da superficie mariña de España no 2030. O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, sinalou en Vigo que o crecemento económico ten que respetar a sostibilidade ambiental. Protesta ante os ambulatorios pra esixir a retira do plan de Sanidade pra organizar as citas ós pacientes. Persoal e usuarios denuncian que ralentiza o traballo dos profesionais e atenta contra a privacidade dos pacientes. O tempo segue seco e solleiro. Hoxe con temperaturas algo máis altas.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/06/23
    Novas queixas pola falta de médicos en urxencias. O sindicato Omega pide unha reunión co presidente da Xunta pra abordar estas carencias. Mentres, Sanidade rexita as críticas polo peche de camas no verán: asegura que os medios se axustan ó descenso da demanda.
    Por certo, Galicia será a referencia que tome o Ministerio de Sanidade pra implantar en toda España a xenómica como especialidade médica. Podería ser unha realidade en 2025.
    E, aínda relacionado coa sanidade: os traballadores das ambulancias convocan para xullo seis xornadas de folga. Critica o exceso de carga de traballo. As estradas deixannos un accidente mortal en Ordes. O conductor dunha furgoneta faleceu onte á tarde tras unha saída de vía. O tempo. Seguimos baixo a influencia das altas presións. Hoxe as temperaturas van subir algo.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 26/06/23
    A reorganización sanitaria nos meses de verán é motivo de rifirrafe político e preocupación entre os profesionais que piden unha cita ao presidente da Xunta pra abordalo. A falla xa arestora de médicos, failles temer especialmente polas urxencias, que terán que atender aos galegos e galegas pero tamén aos turistas... Os médicos recorren á Valedora do Pobo, e máis aló da nosa terra... trasladan á súa inquedanza á sociedade española dos médicos de urxencias. Con quen non vai debater o presidente da Xunta é co resto das forzas políticas da nosa comunidade como pedía o BNG cara ás eleccións xeráis do 23 de xullo. Non debate pero sí crítica ao goberno do estado.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.