Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 23/06/23
    Milleiros de persoas por toda Galicia comparten plan esta noite: a celebración de San Xoán. Unha festividade con moitas tradicións como alumar cacharelas, cear sardiñas, rituais pra deixar atrás cousas malas e outros... pra que veñan boas. Un fogos que alumean e outros que se prohíben... a partires de mañá non se poden facer queimas agrícolas ni forestais particulares polas condicións climátolóxicas, a orde sae ao mesmo día que o borrador da reforma dos montes veciñais
    10 min
  • Crónica de Galicia - 23/06/23
    Moitos galegos están a estas horas avanzando nos preparativos da Noite de San Xoán, unha das celebracións máis estendidas na comunidade. Unha festa de barrios, aldeas e praias que ten unha protagonista esencial: a sardiña... Hoxe cotízase a entre 8 e 18 euros... Nas localidades máis populares, coma a coruña, amplos dispositivos de seguridade, e de limpeza, mentres as autoridades fan un chamado a desfrutar da festa deixando a menor pegada posible tras de nós - O abuso dos contratos temporais por parte da administración galega chega a Europa. O Superior de Galicia traslada ó Tribunal Europeo o caso dunha traballadora do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade con contratos desde 2008. - Folga no sector da alimentación da provincia de Pontevedra. Os piques informativos obrigaron o peche puntual de tendas e supermercados. Os sindicatos consideran insuficiente a suba salarial que propón a patronal. - O BNG considera que as eleccións xerais son clave para rematar coa discrminación de Galicia. Reactiva vellas demandas como a transferencia da AP-9, o tren de cercanías ou a condonación da débeda contraída pola construcción do porto exterior da Coruña. - A Xunta é partidaria de limitar o uso da máscara a espazos con pacientes inmunodeprimidos. A decisión adoptarase esta tarde no Consello interterritorial de saúde no que están representadas as comunidades autónomas
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 23/06/23
    Conta atrás para a noite máis curta do ano. O San Xoán protagonista hoxe e xa desde primeira hora porque na Coruña moitos xa collen sitio no Orzán e Riazor. A cidade herculina ten un dispositivo especial de reforzo da seguridade. En Santiago, medio milleiro de cacharelas privadas autorizadas. Ferrol terá o epicentro da festa estará en Canido e Esteiro. En Camariñas preparados para a súa 'lumarea', a máis de grande de Galicia. O letrado de medio cento de vítimas do Alvia ve clara a culpabilidade do ex xefe de Adif, Andrés Cortabitarte, en contra do criterio da fiscalía A alcaldesa de Santiago convocará o consello municipal de mulleres despois do verán para facer políticas e orzamentos con perspectiva de xénero Acordo no Obradoiro: Moncho Fernández renova dúas tempadas máis como adestrador do equipo santiagués. Este mediodía, a partir das 12 e media, a Xunta levará a cabo o simulacro de inundación da presa de Cecebre, que suporá a activación de sirenas na zona.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 23/06/23
    O Goberno reconstruirá ó mesmo tempo os viaductos, nas dúas direccións, en Peddrafita. Así conta reducir o prazo para a execución e os transportistas agardan que só teñan que desviarse un inverno máis pola nacional sexta. O ministerio de transportes asegura que ata agora non contou cos informes favorables.
    Na provincia de Pontevedra, tra-la folga de onte dos traballadores do metal, con incidentes entorno ó recinto feiral, hoxe os que paran son os do sector da alimentación. En Lugo, a folga foi desconvocada.
    As estradas deixannos un accidente mortal. Un motorista faleceu no concello pontevedrés de Crecente. O tempo. Hoxe continuaremos na influencia das altas presións. As temperaturas ascenderán e na metade sur xa rebasarán os 30 graos.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 22/06/23
    O goberno muda de criterio e declarará a vía de emerxencia para reconstruir o viaducto do Castro, na A6, nos dous sentidos. Ata o de agora estábase a facer nun so porque o Ministerio de Facenda argumentaba que non era posible declarar a emerxencia para as pontes nos dous sentidos. Tamén hoxe escoitamos xa as respostas de avogados das vítimas do Alvia á solicitude de desimputación do ex director de seguridade de Adif.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.