Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 21/06/23
    Indignación da plataforma de vítimas do Alvia tras a decisión do fiscal de retirar a acusación contra o ex director de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte. As familias cren que hai inxerencias na decisión da fiscalía, que hai intereses estatais detrás que confrontan co relato escoitado no xuízo. Hoxe escoitaremos os argumentos do fiscal. 1. Sanitarios de Xinecoloxía do CHUS vense obrigados a atender doentes de especialidades distintas ás súas sen ter a debida formación 2. O ex concelleiro de Mobilidade Gonzalo Muíños é o novo voceiro do grupo socialista de Santiago 3. As inmobiliarias advirten do aumento de estafas no alugueiro de pisos a estudantes 4. O dianteiro Alberto Quiles deixa o Deportivo tras dúas tempadas como branquiazul
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 21/06/23
    O fiscal mantén agora que o exalto cargo de Adif acusado polo accidente do Alvia non incumpriu ningunha normativa. Retira así os cargos contra Andrés Cortabitarte. Así, agora o único acusado é o maquinista que recibiu onte o apoio dos compañeiros.
    As víctimas cren que o fiscal atendeu instruccións superiores. O avogado do maquinista pregúntase se o fiscal asistiu a outro xuizo. Manuel Prieto pediu a absolución do seu cliente. E, nas estradas, lamentar a morte dunha muller en Vigo. Foi atropelada por un bus urbano do que acababa de baixarse. Ocorriu na parada situada diante do cemiterio da parroquia de Valadares
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/06/23
    Moi boa tarde de martes, unha xornada na que sorprendeu a decisión do fiscal do caso Alvia, quen exculpa ao ex director de seguridade de ADIF e deixa como único responsable do tráxico accidente con 80 mortos e 144 feridos ao maquinista. Decisión que provocou a indignación das vítimas. Logo lles damos detalles. Industria, limpeza, servizos sociais e moda... traballadores e traballadores protagonizaron hoxe diversas protestas por toda Galicia para pedir melloras salariais e de condicións de traballo. En Vigo, houbo cargas policiais.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 20/06/23
    Despois de 8 meses de testemuñas, peritos e declaracións o xuizo polo accidente do Alvia entra na fase de conclusións, e con ela a primeira sorpresa. O fiscal considera que o ex-director de seguridade de ADIF non tivo responsabilidade na morte de 80 persoas hai case 10 anos. Entende que os riscos da vía se estimaron tolerables baixo as normas vixentes no momento, e retira a petición de pena pra Andrés Cortabitarte. As víctimas ven ordes do Estado nesta decisión, que supón, din, defender que as medidas de seguridade, ou a súa falta, non teñen importancia. O sindicato de maquinistas amosa tamén a súa decepción.
     
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 20/06/23
    Unha estrutura de pirámide para simplificar e axilizar a administración local. Baixo este argumento Inés Rey da máis poder a tres persoas da súa confianza no reparto de áreas do novo goberno da Coruña, tres tenentes de alcalde dos que dependerán o resto de edís. O esquema non convence ó BNG, que facilitou a investidura da alcaldesa. Os nacionalistas insisten en que se cometen erros do anterior mandato, erros que dan lugar a concelleiros que non se senten útiles. 1. Santiago solicita á Xunta a autorización da taxa turística como primeira actuación do goberno de Goretti Sanmartín 2. Comeza a fase final do xuízo do Alvia en Santiago na que Fiscalía e acusacións deberán ratificar a petición de penas 3. A familia Franco atrasa a retirada dos bens do Pazo sadense de Meirás
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.