Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 20/06/23
    Case nove meses despois do inicio da vista, hoxe o xuizo do Alvia entra na recta final.... Rematada a proba penal e a fase de responsabilidade civil, hoxe comeza o periodo de exposición de conclusións. Saberemos se as partes manteñen a acusación contra o maquinista e o exdirector de seguridade de Adif. Os dous teñen que asistir desde hoxe á vista. O xuizo aínda se demorará un mes máis. Non está previsto que remate ata o 27 de xullo. O tempo. Persiste aínda certa inestabilidade sobre Galicia, pero os chuvascos xa serán máis puntuais.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/06/23
    Este luns continúan os movementos políticos e as reaccións tra-la constitución dos concellos esta fin de semana. A vista segue posta en Ourense, onde se agoiraba unha renuncia do líder popular, Manuel Cabezas, despois do pacto do seu partido con Democracia Ourensana. De momento non se produciu, pero 48 horas despois de conformarse a corporación, xa transcendeu que no pleno do xoves se vai oficializar unha renuncia. Neste caso, nas filas socialistas. Trátase de Alfonso Pavón, número 5 da lista, que deixará a acta por incompatibilidade laboral, ó ser o xefe de servizo de licenzas urbanísticas no concello.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 19/06/23
    O sucedido o sábado no concello de Ourense, onde un pacto de última hora co Partudo popular permitiu que Gonzalo Pérez Jácome revalide a alcaldía, segue provocando reaccións políticas. A falta de coñecer se o voceiro local dos populares dimite, como suxeriu, os populares insisten en que a responsabilidade foi de socialistas e nacionalistas. Eles aseguran que fixeron o que estaba na sua man pra muda-lo goberno, e que foi o PP o que demostrou que non ten escrúpulos.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 19/06/23
    A xestora do PSOE de Santiago decidirá esta semana quen lidera o grupo municipal despois da marcha de Sánchez Bugallo Veciñanza dos cascos históricos da Coruña, Ferrol e Compostela piden que os locais de lecer nocturno pechen dúas horas antes Os hostaleiros de Betanzos terán liña telefónica directa con expertos alimentarios da Xunta mentres duren as restricións ó consumo de auga
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 19/06/23
    Hoxe remata o prazo pra presentación das lilstas cos candidatos para as eleccións xerais para que xa quedan pouco máis dun mes. As principais formacións xa teñen todo decidido. Pero este luns é o de inicio do traballo para os novos goberno municipais. Moitos aínda sen acabar de configurar.. E no que aínda seguimos pendentes de Ourense porque a reelección de Gonzalo Pérez Jácome traladou a crise ó Partido Popular... o seu candidato á alcaldía, Manuel Cabezas, deixou ver tra-lo pleno que vai presentar a súa renuncia.. O tempo. As baixas presións localizadas sobre illas Británicas, aínda achegarán inestabilidade e aire húmido procedente do Atlántico.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.