Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 16/06/23
    Mañá constitúense as novas corporacións municipais, excepto as dunha ducia de concellos con diversas incidencias no escrutinio. A primeira a de Sober... o pleno está convocado pra esta próxima medianoite.
    Nunha vintena de concellos aínda non saben quen vai ser o alcalde. Entreles está o de Ourense... agora mesmo todo parece indicar que será elexido alcalde o candidato da lista máis votada: neste caso Gonzalo Pérez Jácome continuaría co bastó de mando.
    Sobre Ourense, Alfonso Rueda desvelou que Baltar non só renuncia á presidencia da Deputación senón que tampouco continusrá á fronte do PP na provincia despois do próximo congreso. O tempo. Continúa a influencia do anticiclón, pero a entrada de aire frío nas capas altas traerá de novo algo de inestabilidade
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 15/06/23
    Cando faltan pouco máis de 24 horas para que se constitúan as novas corporacións locais, a actividade nas xuntas electorais é frenética. Deben resolver sobre os diferentes recursos presentados para que se poidan constituír os concellos. De momento xa sabemos que as corporacions de nove municipios do Barbanza non poderán facelo ata o 7 de xullo. Algo que atrasará tamén a posta en marcha da nova Deputación da Coruña. Outro recurso de Democracia Ourensana ante a Xunta Electoral podería adiar a sesión constitutiva do concello de Ourense. E en Castro Caldelas xa está confirmado que haberá que repetir as eleccións. Outra novidade que nos deixa a tarde é que Manuel Baltar tampouco repetirá como líder do PP ourensán despois do congreso provincial. Dicíao o presidente Rueda tras un consello da Xunta no que participaban xa os novos conselleiros e no que se aprobaba a maior oferta de prazas de FP da historia de Galicia
    11 min
  • Crónica de Galicia - 15/06/23
    O presidente da Xunta considera que os cambios no executivo galego están escribindo as primeiras liñas do novo goberno central. Así se expresaba na despedida de Francisco Conde e Rosa Quintana, e a toma de posesi´no de Elena Rivo en Emprego, ALfonso Villares en Mar e María Jesús Lorenzana en economía
    Pra todos eles tivo palabras de agradecemento... Os novos conselleiros comprometíanse a continuar o labor dos precedesores, e traballar por unha galicia mellor - Como unha excelente noticia cualificou o alcalde de Ourense a renuncia de Manuel Baltar. Un paso atrás que non resolve a incognita de quen asumirá a presidencia da Deputación ourensá. - Folga dos bombeiros dos consorcios provinciais. Piden mellores condicions laborais e máis medios. Hai parques que están atendidos por so tres efectivos. -Desaloxado un edificio no centro de Vigo por risco de colapso. Os residentes levan meses denunciando a aparición de fendas nos seus pisos dende que comezou a construirse un novo edificio de vivendas ó carón. - En Santiago, empeza festival O Son do Camiño. Haberá restriccións de tráfico na zona do Monte do Gozo. Habilitase transporte urbano desde a cidade
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/06/23
    Manobra do Partido Popular para manter a presidencia da Deputación de Ourense e intentar tamén que Manuel Cabezas poida converterse o sábado no alcalde da capital. Manuel Baltar renuncia a intentar a reelección, pero non semella que a decisión alterara as posicións políticas.
    O primeiro é a elección de alcalde e, se PP, PSOE e BNG non se poñen dacordo, Gonzalo Pérez Jácome manterá o bastón de mando.
    A renuncia de Baltar ensombreceu a remodelación do goberno da Xunta. ás nove e media tomn posesión os novos conselleiros e os que cambian ou asumen novas competencias. Deportes: cambio radical no deportivo: vaise todo o consello de administración e destituido o adestrador. O tempo. Continuamos na influencia das altas presións e as temperaturas máximas van seguir subindo
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.