Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 14/06/23
    O día ten un intenso sabor político.
    Primeiro, pola renuncia de Manuel Baltar a seguir na Deputación de Ourense. Unha decisión que pon fin a unha saga de tres décadas na institución provincial.
    Segundo, polo regueiro de despedidas que se producía hoxe no Parlamento. Algunhas motivadas polas eleccións xerais e outras pola próxima constitución das corporacións locais.
    Tamén porque fomos coñecendo os nomes das listas do PP ó 23 de xullo. Alberto Núñez Feijóo contará con boa parte dos seus colaboradores na súa última etapa en Galicia
    11 min
  • Crónica de Galicia - 14/06/23
    A provincia de Ourense pon fin a unha era. Despois de 36 anos, José Manuel Baltar deixará a deputación de Ourense, que preside dende 2012, cando recibiu o mando de seu pai. Baltar vén de comunicar que na non recollerá a acta de concelleiro en Esgos e polo tanto renuncia a ser deputado provincial. Abrese así a posibilidde de pactos como o que esta mañá o candidato do PP na capital ourensán lle ofreceu ó PSOE e ó BNG. Novidade importante dunha xornada na que a convocatoria de eleccións xerais activa a marcha a Madrid dalgúns dos máis antigos compañeiros de camiño de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia. Francisco Conde e Rosa Quintana deixan o goberno galego. Aquí quedarán novas caras no consello da Xunta
    45 min
  • Informativo A Coruña 13:55 - 14/06/23
    A socialista Inés Rey volverá a ser a alcaldesa da Coruña. Esta mañá socialistas e BNG chegaron a un acordo pra súa investidura o próximo sábado. Non inclúe a entrada dos concelleiros do Bloque no equipo de goberno
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/06/23
    O presidente da Xunta aproveita a remodelación obrigada pola marcha de Frnacisco Conde a Madrid para relevar tamén á titular de Pesca. Rosa Quintana tamén atopa acomodo nas candidaturas ó Congreso, neste caso en Ourense. No Consello da Xunta de mañá haberá dúas caras novas: Alfonso Villares que, polo tanto non repetirá como alcalde de Cervo, e Elena Rivo. As listas do PP deixa outra novidade: a incorporación de Pedro Puy en Pontevedra.
    Tamén Sumar, tra-la renuncia de Gómez Reino, comunica que Marta Lois e Verónica Martínez encabezarán as candidaturas da Coruña e Pontevedra.
    Desde hoxe ata o luns está aberto o prazo para a presentación de candidaturas. O tempo. Recuperamos a estabilidade e soben as temperaturas
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/06/23
    O presidente da Xunta xa ten os nomes do novo goberno. A vicepresidencia primeira será pra Diego Calvo e a segunda pra Ángeles Vázquez. Son os principais cambios no executivo galego tra-la saída como vicepresidente de Francisco Conde, que vai liderar a lista dos populares na provincia de Lugo. Hai tamén cambios noutras carteiras.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.