Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 18/06/23
    300 concellos galegos xa teñen hoxe as súas corporacións municipais renovadas. En 13 haberá que agardar por diferentes circunstancias. Pero o centro da actualidade segue a estar en Ourense onde os populares facilitaron cun pacto que Gonzalo Pérez Jácome repita na alcaldía, para logo eles manter a deputación. Pero o candidato popular Manuel Cabezas di que se fixo ás súas costas e asegura que marcha. A nova alcaldesa de Santiago é a convidada hoxe no tempo da entrevista. Goretti Sanmartín lidera un bipartito con Compostela Aberta, no que o Bloque se reservará as competencias de Urbanismo. Adiantouno en Radio Nacional a nova rexedora. Tamén que volverá pedirlle á Xunta que aprobe unha taxa turística, dentro do Pacto contra o Turismo masivo.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 17/06/23
    Gonzálo Pérez Jácome seguirá outros catro anos ao frente da alcaldía de Ourense. Non houbo sorpresas. Finalmente PP e Democracia Ourensana chegaron a un acordo para votarse a sí mesmos no concello e logo na deputación, deste xeito cada un retén a institución que gobernaba. En Santiago, Goretti Sanmartín xa é a primeira alcaldesa da capital de Galicia. Nas outras grandes cidades non houbo sorpresas e hai alcaldes socialistas en Vigo, Lugo e A Coruña. En Pontevedra reptite Lores, do BNG. E o PP retoma a alcaldía de Ferrol, a única das cidades
    nas súas mans.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 16/06/23
    Últimas horas antes da consitución das corporacións locais mañá sábado e nunha vintena de concellos aínda non hai nada decidido. De seguida facemos un repaso polas novidades.
    Antes, imos parar en Santiago, onde o Consello Nacional do BNG aproba as candidaturas pro Congreso e o Senado pro 23 de xullo
    11 min
  • Crónica de Galicia - 16/06/23
    Convocada formalmente a constiotución do concello de Ourense pra mañá... Que comezará a mediodía é a única certeza a esta hora dunha das máis destacadas incógnitas desta quenda de novos gobernos municipais. As distintas formacións gardan silencio sobre as conversas que se están a producir pra esa formación e a da deputación de Ourense. Por exemplo, nas últimas horas, entre o lider de Democracia Orensana e os respobsables de organización do PSdeG e O Partido popular - BNG e PSOE rexeitan tramitar pola vía de urxencia o proxecto de lei de ordenación do litoral. Creen que a motivación é unicamente electoralista e critican que se reste tempo para o debate na cámara. - Médicos e farmacéuticos de Ourense únense pra negociar directmente co SERGAS as súas demandas. Demandan unha solución a sobregacar asistencial: reclaman un reforzo de persoal para dispoñer de máis tempo par atender ós pecientes. - A CIG denuncia unha manobra de Inditex para desactivar as melloras logradas polas traballadores do sector téxtil. O sindicato nacionalista e basco ELA están dispostos a convocar mobilizacións para impedir que centralice a negociación colectiva en Madrid. - Protestas en toda Galicia de alumnos e profesores pola decisión da Xunta de eliminar a presencialidade dalgúns ciclos de FP dirixidos a adultos. Mobilizacións no mesmo día no que a consellaría presentou a oferta pra o vindeiro curto con 4.500 praxzas máis en primeiro
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 16/06/23
    A un día da constitución das corporacións municipais, nove concellos do Barbanza terán que agardar a mediados do mes que vén debido a un recurso do PSOE que pediu a comprobación dos votos nulos emitidos. En xogo está un deputado provincial máis para os socialistas. A xunta electoral desestimou o asunto pero abre prazo de alegacións. Isto atrasa tamén a constitución da deputación coruñesa. O socialista Blas García gobernará en solitario en Ames tras dous mandatos en coalición co BNG Percebeiros da Costa da Morte piden máis control ó furtivismo tras localizar case 190 quilos de percebe ilegal Apertura de xuízo oral ó presunto asasino da súa parella no barrio coruñés do Birloque en 2021
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.