Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 12/06/23
    O BNG quere cambiar a lei para que poidan votar os maiores de 16 anos. Rexistrará no Parlamento unha iniciativa para incluir na lei a celebración de polo menos dous debates entre os principais candidatos á presidencia da Xunta. Xa está en Vigo o Ártabro, o barco que completou con éxito a localización e inspección do pecio do Villa de Pitanxo. A empresa propietria asegura que a misión foi un éxito e que agardan que sirva pra aclara-lo sucedido. UGT teme que a Xunta privatice a xestión do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra. É o único centro de cumprimento de medidas xudiciais de Galicia que aínda mantén a xestión directa da consellería de POlítica Social. Reanudouse en Pontevedra o xuizo contra unha organización dedicada á introducir cocaína en veleiros. o vilagarcián Carlos Silla, que declarou hoxe, negou calquera vinculación co alixo de tres toneladas de cocaína introducidas en Galicia en 2020. O tempo. Pola tarde vanse repetir os chuvascos. A partir de mañá vaise ir restablecendo o dominio do anticiclón.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 12/06/23
    Comezamos a semana coas negociacións nas diferentes vilas para formación de goberno. En Compostela, os socialistas confirman a súa inclinación por non formar parte do goberno da nacionalista Goretti Sanmartín, pese a que si apoiarán ó futuro executivo local. Mentres, en Ferrol, o alcalde en funcións xa prepara o traspaso de mando ó popular Rey Varela, con maioría absoluta. - As enfermeiras da área sanitaria da Coruña-Cee denuncian carencias de persoal que non chega nin para cubrir os servizos mínimos. - Profesionais da avogacía de Padrón reclaman manter as competencias en materia de violencia de xénero. - A veciñanza de Compostela solicita reunirse coa futura alcaldesa para abordar a masificación do turismo. - O Deportivo perde unha nova oportunidade de ascender ó fútbol profesional tras perder co Castellón na prórroga. Aínda en portada, accidente mortal de tráfico en Carnota. Unha muller faleceu cando era trasladada ó hospital en helicóptero. O coche no que viaxaba saíuse da estrada entre Carnota e Santa Comba por causas que se descoñecen, e bateu contra unha canalización de formigón. O condutor foi trasladado en ambulancia ó hospital de Santiago
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/06/23
    Recén celebradas as municipais, coas xerais ás portas, os socialistas galegos xa se preparan para as autonómicas. Van celebrar primarias en setembro. Acordo adoptado no Consello nacional... na mesma xornada na que o PP celebrou un acto no Sar en Santiago pra arroupar ó candidato á presidencia do Goberno, Albertto Núñez Feijóo.
    E hoxe estamos pendentes da chegada do Ártabro, o buque que filmou ó Pintanxo en Terranova.
    Das estradas temos que lamentar un accidente mortal. Unha muller faleceu cando era trasladada en helicóptero ó hospital tras unha saída de vía en Carnota.
    Deportes. O deportivo estará un ano mais na terceira categoría do fútbol. Quedou eliminado na promoción.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.