Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 09/06/23
    Aproxímase o verán e como tódolos anos comezan a evidenciarse problemas na atención sanitaria. En principio hai falta persoal nos PAC da comarca de Vigo. Pero o peor, din desde a xunta de persoal, é que toda esa zona vai sofrir un incremento de poboación inportante nas próximas semanas coa chegada de veraneantes. E en Celanova o máis probable é que o sábado 17 non se vaia poder constituir a corporación municipal. Está en risco por un erro na transcripcion dos resultados das eleccions municipais.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/06/23
    Sanitarios de toda galicia reflexionan hoxe sobre dúas cuestións de relevancia na nosa sociedade. Por un lado, en VIgo, os xeriatras alertan de que o envellecemento terá un impacto equiparable nos vindeiros anos ó do cambio climatico. Entre os retos, a soidade non desexada dese colectivo... que adoita sufrir enfermidades crónicas, que é un dos asuntos que analizan os internistas en Ourense. Unha das novas causas de incapacidade é o covid persistente, pero ó non ter diagnose posible resulta difícil darlle a resposta axeitada.
    45 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 09/06/23
    Queda unha semana e un día pra que se constitúan as novas corporacións locais. Pero das cidades da provincia, só Ferrol ten clara a conformación do executivo municipal. A maioría absoluta do popular José Manuel Rey Varela non deixa lugar a dúbidas. Pero nin na Coruña nin en Santiago se definiu aínda o número de cores dos gobernos. As reunións das últimas horas só serviron pra ratificar que estas cidades efectivamente terán cores progresistas, gobernos de esquerdas, pero de momento non se confirma nin o tripartito en Compostela nin o bipartito na cidade herculina. Haberá novos encontros a semana que vén. - O comité de Navantia reclama que a campaña electoral non ralentice os avances en investimentos e na negociación do convenio colectivo. Do contrario, convocarán novas mobilizacións. - Dirección e sindicatos da empresa de telemárketing Abai poderán negociar o ERE ata o día 21. Os traballadores cren que a medida só obedece a un intento da compañía de aumentar a marxe de beneficios. - O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por violar a liberdade de expresión do sindicalista Pablo Fragoso, que incitou á queima da bandeira durante unha protesta en Ferrol. Deberá devolverlle a multa que pagou e indemnizalo con seis mil euros
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 09/06/23
    O PSOE foi o primeiro partido en pechar as candidaturas para as eleccións xerais que se van celebrar dentro de mes e medio. Os comités provinciais da Coruña e Pontevedra atoparonlles acomodo a dous dos derrotados nas pasadas eleccións municipais. Xosé Sánchez Bugallo e Carmella Silva figuran nas candidaturas ó Senado. Ata dentro de dez días non remata o prazo para a presentación de candidaturas. Outra cousa é o rexistro de coalicións, neste caso o límite é esta próxima medianoite
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.