Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/06/23
    En Betanzos, bares e restaurantes notan unha baixada de ingresos pola contaminación da auga da traída. As restriccións van continuar polo menos ata finais de mes porque aínda non se deu coa orixe do virus. Rexeitada a proposición de lei do BNG para que asumise as plenas competencias sobre o litoral. O PP, que votou en contra, entende que a demanda nacionalista xa se inclúe no proxecto lexislativo aprobado pola Xunta. No xuizo polo accidente do Alvia, rematou hoxe a fase de declaración dos afectados. A vista retómase o vindeiro martes coas probas documentais e os informes do ministerio fiscal e as acusacións populares e particulares. A CIG esixe que os profesores recuperen os horarios previos ó 2010 Só Galicia e Madrid manteñen aínda hoxe o incremento decretado pola crise económica. A demanda non se incluiu nos asuntos da mesa sectorial de educación. O tempo. Aínda pode caer algunha treboada
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/06/23
    Adeus definitivo a un tripartito no futuro goberno de Compostela. O grupo local socialista segue a liña defendida pola dirección galega e non entrará nun pacto de goberno coa futura alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, que si contará con Compostela Aberta. Decisión que os socialistas trasladarán hoxe a Sanmartín mentres seguen o proceso de cambio ante a saída de Xosé Sánchez Bugallo. Unha xestora tomará as rendas da formación municipal e xa hai nome para presidila: Diego Fernández, secretario de organización do PSOE provincial. - Benito Portela vese como única alternativa para gobernar en Sada aínda que cun executivo en minoría - Sen cumprir, dous anos despois, as promesas do Sergas para habilitar dúas novas salas de fisioterapia no Hospital Clínico de Santiago - Primeiras saídas no Deportivo tras a derrota co Castellón: adeus ó secretario técnico Carlos Rosende e ó seu axudante Aínda en portada, o concello de Betanzos manterá as restricións para o consumo de auga da billa polo menos dúas semanas máis. As tarefas de hipercloración non deron os resultados agardados. As últimas analíticas constatan aínda a presenza do virus causante do gromo de gastroenterite
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/06/23
    Un ano despois de asumir a presidencia da Xunta, Alfonso Rueda terá que acometer sen demora a primeira remodelación. Antes do luns, o vicepresidente primeiro, Francisco Conde, debe abandonar o executivo para figurar como candidato ó Congreso nas próximas eleccións xerais. A incognita é se este será o único cambio ou, como dixo o propio Rueda, algunha persoas máis fose a outros destios. De momento, só se coñece os cabezas de lista das catro provincias.
    Francisco Conde é o primeiro nome propio; o segundo Pedro Blanco que hoxe será nomeado delegado do goberno. Tamén é unha consecuencia das candidaturas ó Congreso. José Ramón Gómez Besteiro, que hoxe será relevado nun posto no que leva pouco máis de dous meses, competirá con Conde no mesmo espazo electoral
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/06/23
    Alfonso Rueda terá que acometer a primeira remodelación do seu executivo pola saída do vicepresidente Francisco Conde, que dimitirá para ser o cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo. Mentres, o xefe da asesoría xurídica da UGT en Galicia, Pedro Blanco, será o novo delegado do Goberno, unha vez marche José Ramón Gómez Besteiro para liderar tamén a lista do PSdeG en Lugo. Son as principais novidades que nos deixan nas últimas horas os movementos políticos de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo. E falando de novidades, a tarde déixanos tamén a confirmación de que o PSOE non entrará no futuro goberno local de Santiago.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 12/06/23
    O BNG quere cambiar a lei para que poidan votar os maiores de 16 anos. Rexistrará no Parlamento unha iniciativa para incluir na lei a celebración de polo menos dous debates entre os principais candidatos á presidencia da Xunta. Xa está en Vigo o Ártabro, o barco que completou con éxito a localización e inspección do pecio do Villa de Pitanxo. A empresa propietria asegura que a misión foi un éxito e que agardan que sirva pra aclara-lo sucedido. UGT teme que a Xunta privatice a xestión do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra. É o único centro de cumprimento de medidas xudiciais de Galicia que aínda mantén a xestión directa da consellería de POlítica Social. Reanudouse en Pontevedra o xuizo contra unha organización dedicada á introducir cocaína en veleiros. o vilagarcián Carlos Silla, que declarou hoxe, negou calquera vinculación co alixo de tres toneladas de cocaína introducidas en Galicia en 2020. O tempo. Pola tarde vanse repetir os chuvascos. A partir de mañá vaise ir restablecendo o dominio do anticiclón.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.