Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/06/23
    O PSOE foi o primeiro partido en pechar as candidaturas para as eleccións xerais que se van celebrar dentro de mes e medio. Os comités provinciais da Coruña e Pontevedra atoparonlles acomodo a dous dos derrotados nas pasadas eleccións municipais. Xosé Sánchez Bugallo e Carmella Silva figuran nas candidaturas ó Senado. Ata dentro de dez días non remata o prazo para a presentación de candidaturas. Outra cousa é o rexistro de coalicións, neste caso o límite é esta próxima medianoite
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 08/06/23
    As negociacións entre socialistas e BNG para conseguir maiorías de progreso nos concellos avanzan xa a velocidade de cruceiro. Hai case dúas hora comezaron en Pontevedra pero durante toda a xornada houbo reunións en A Coruña, Lugo e Santiago. Neste xoves o Tribunal Superior de Xustiza fixo pública a súa memoria anual. O seu presidente alerta do aumento de delitos sexuais en menores.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 08/06/23
    Durante o ano 2022 houbo dous xuizos semanais por delitos sexuais en Galicia. Son datos dos tribunais de xustiza, que advirten de que na meirande parte dos casos víctimas e agresores se coñecían, e a meirande parte das agredidas eran menores. Alerta o presidente do tribunal do aumento destes delitos, mentres defende a actuación xudicial ante as denuncias previas da muller asasinada pola súa ex-parella en Oia. E advirte de que a protección destas víctimas require rapidez, e pra iso fai falla persoal.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/06/23
    Á marxe de Ourense, onde non hai ningún movemento para negociar un posible pacto que impida ó actual alcalde Pérez Jácome seguir na alcaldía, nas outras catro cidades nas que se prevé un pacto de esquerda, os contactos están en marcha... así hoxe hai previstas xuntanzas na Coruña, Santiago e Pontevedra de delegacións do PSOE e BNG.
    En Lugo, xa se da por feito que as dúas formacións reeditarán o goberno do último mandato e este xoves comparecen para informar dos seus plans Lara Méndez e Rubén Arroxo.
    En Ourense, por cento, a fiscalía abre dilixencias polo caso dos audios que poñen en custión a actuación do alcalde
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 07/06/23
    Os traballadores sociosanitarios denuncian a situación de precariedade que sofren desde a pamdemia. Hoxe saíron á rúa en Santiago e Vigo para visibilizar a súa situación. En Galicia son 5.000 e atenden desde maiores a discapacitados. Tamén no eido sanitario, hoxe día do donante, coñecimos a cifra de doazons de órganos en Galicia. Houbo 180 o ano pasado, que permitiron realizar case 300 trasplantes.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.